Chega ás salas Hasta el cielo, atracos a ritmo de trap

Logo do seu paso polos festivais de Málaga e Roma, este venres 18 de decembro chega ás salas de cinema Hasta el Cielo, a última película de Daniel Calparsoro, producida por Vaca Films. Trátase dun thriller trepidante de atracos inspirado en feitos reais. En palabras do seu director, Hasta el cielo “conta a historia dun soño, de todo o que tes que sacrificar para alcanzalo”. Conta cun elenco de novos actores e actrices encabezados por Miguel Herrán e Carolina Yuste e coa presenza de Luis Tosar, actor habitual nas producións de Vaca. Falamos sobre a súa rodaxe e dos próximos proxectos co noso asociado Borja Pena, produtor do filme. Chega ás salas de cinena Hasta el cielo. Volvedes traballar con Daniel Calparsoro, logo de Cien años de perdón pero, nesta ocasión é unha pelicula de atracos moi diferente. Que foi o que vos atraeu dela para embarcarvos na súa produción? Dani contounos a idea que lle roldaba á cabeza xusto cando rematamos Cien Años

Falamos con María Yáñez dos Papeis da Academia: “Os problemas crecen, as solucións tamén, e miramos con optimismo ao futuro”

Desde o ano 2007 a Academia Galega do Audiovisual edita os Papeis da Academia, unha publicación que naceu co obxectivo de contribuír ao enriquecemento da reflexión e o saber sobre a creación e a industria audiovisual galega. A daquela presidenta da Academia, María Bouzas, indicaba a oportunidade de "dar testemuño desde o ámbito académico de que e como somos, como nos ven e como vemos".  Ao longo deste anos, a publicación mudou de formato e transformou a tipoloxía dos seus contidos, ata chegar, en 2017, ao formato web actual baixo a dirección da nosa asociada María Yáñez. Falamos con ela co gallo da publicación dos Papeis do ano da pandemia. Que nos podes adiantar dos Papeis da Academia que se publican a semana que vén? Son uns Papeis que miran cara ao futuro proximo, tratando de enxergar todo o que vai vir en 2021 en canto a estreas, rodaxes e proxectos das distintas produtoras e creadores. Tamén botaremos a ollada cara a novas iniciativas no mundo da

Alfonso Zarauza presenta en Cineuropa Ons, un proxecto “profundamente fermoso”

Alfonso Zarazua rodou en Ons a súa quinta longametraxe de título homónimo, estreada no pasado Festival de Sevilla. Unha historia na que a natureza salvaxe da illa exerce o seu magnetismo na vida dun grupo de persoas ás que dan vida Melania Cruz, Antonio Durán 'Morris', Xúlio Abonjo, Anaël Snoek e Marta Lado nos personaxes principais. Despois de A noite que deixou de chover (2008), Encallados (2013) e Os fenómenos e A viaxe dos Chévere (2014) o director compostelán volve poñerse detrás das cámaras para afrontar unha rodaxe que se levou a cabo en circunstancias moi esixentes. Pasou máis dunha década desde a túa ópera prima, A noite que deixou de chover. Como cambiou o teu xeito de dirixir desde entón? Pois si, rodei A noite que deixou de chover entre agosto e outubro do 2007. Moitas cousas mudaron dende entón no mundo e no interior de min. Pódese dicir que madurei e o meu cinema supoño que tamén. Agora filmo dun xeito moito máis seguro, penso que

Carlos Sedes estrea El verano que vivimos, unha historia de amor de época

Falar de Carlos Sedes é falar de televisión e dunha das traxectorias televisivas máis brillantes dos últimos años, primeiro en Galicia, onde formou parte do equipo de series lendarias como Mareas Vivas ou Padre Casares para despois dirixir a grande parte do star system estatal en títulos tan populares como Velvet, La Embajada, Instinto, Gran Reserva, Fariña ou Las Chicas del Cable. Este ano presenta El verano que vivimos, a súa segunda longametraxe despois de El club de los incomprendidos (2014). Protagonizada por Blanca Suárez e Javier Rey, El verano que vivimos conta unha historia de amor que se desenvolve en dúas épocas: os anos 50 e 90 do século pasado e foi parcialmente rodada na comarca de Ferrolterra. El verano que vivimos é o teu segundo proxecto para cine, gustaríache dirixir máis cine a partir de agora ou sínteste máis cómodo en TV? Síntome moi cómodo nas dús. Son unha persoa de televisión xa que todo o meu percorrido é televisivo e penso

Nación de Margarita Ledo, a loita obreira desde a perspectiva das mulleres

Falar de Margarita Ledo é falar dunha referente, unha figura indispensable para entender a cultura galega actual na súa definición máis ampla. Docente, escritora, cineasta, Catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela, membro de número da Real Academia Galega, primeira muller a quen se lle concede o premio Otero Pedrayo, Premio Nacional da Cultura Galega en 2008... a listaxe dos seus logros e recoñecementos é extensa. Volve poñerse detrás das cámaras para dirixir Nación, a súa cuarta longametraxe, que se estrea no Festival de Cine de Sevilla e que conta a loita das operarias da fábrica Pontesa. Un documental que reivindica a loita obreira desde o punto de vista das mulleres, tendo en conta as implicacións que supuxo a súa incorporación á forza de traballo, en tempos convulsos para o sector fabril.Por que decides contar a historia das operarias de Pontesa? Por unha frase nun vídeo doméstico. Unha antiga operaria da

Lúa Vermella, o mito e a paisaxe segundo Lois Patiño

Sete meses despois da data prevista, chega ás salas de cine Lúa Vermella, a esperada segunda longametraxe do cineasta vigués Lois Patiño. A película inspírase na historia real do Rubio de Camelle, un buzo rescatador de cadáveres de náufragos perdidos baixo o mar da Costa da Morte. Está producida por por Zeitun Films, foi estreada na pasada Berlinale e premiada coa Biznaga de Prata á Mellor Película Española de Zonazine no pasado festival de Málaga. Tres mulleres chegan a unha vila da costa galega buscando ao Rubio, un mariñeiro que desapareceu no mar. É un lugar onde o tempo semella terse detido e onde se escoitan voces que falan de pantasmas, de meigas, de monstros. Despois de Costa da Morte, a túa ópera prima, como xorde Lúa Vermella? Xorde como unha continuación, polo desexo de seguir afondando na identidade galega. Pero se Costa da Morte é un documental antropolóxico, que contempla a relación entre o home e a paisaxe desde o lado da realidade,

A viaxe polo tempo e por Galicia de Ignacio Vilar con María Solinha

A chegada dun director teatral a Cangas do Morrazo para reconstruír a historia de María Solinha é o punto de partida da nova película do director Petinés Ignacio Vilar. Navia, protagonista da obra de teatro vai sufrir, no presente, ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII. O lendario dragón que dorme nunha cova debaixo da Illa de San Simón funciona como metáfora no filme e tamén como fío conductor xa que, como explica o director, "María Solinha é atacada polo mesmo dragón nos séculos XVI e XXI" Comeza así unha viaxe entre presente e pasado, historia e lenda, realidade e ficción. O filme, producido por Vía Láctea Films e coa participación de Televisión de Galicia, foi rodado en galego durante os meses de agosto e setembro de 2019 en Cangas, Redondela e Vigo. A súa estrea, condicionada pola crise sanitaria, tivo lugar o 19 de xuño en Redondela e segue a xirar por distintas localidades de Galicia. Falamos con Ignacio Vilar sobre esta

Os festivais de cinema galegos regresan logo dos adiamentos causados pola crise da COVID-19

Logo duns meses moi estraños e dramáticos, chegan agrupados nesta segunda parte de 2020 os festivais de cinema que normalmente atopamos espallados ao longo de todo o ano. O punto de partida márcao a MICE, Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego, que dá comezo este martes día 25 de agosto en Santiago de Compostela. A casualidade fai que tamén fora o primeiro dos festivais cinematográficos galegos que, ao igual que Play-Doc, (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico e Carballo Interplay, tivera que adiar a súa estrea, prevista neste caso para o 23 de marzo. Estes cambios non serán só de datas, xa que as novas circunstancias obrigan aos festivais a reformular en gran medida as súas propostas iniciais. Coloquio na MICE 2019 Cunha data de inicio tan próxima á declaración do estado de alarma, os contidos da MICE xa estaban moi avanzados e parte deles difundidos. Para Ana Estévez, directora da mosta, "a presión non veu tanto do feito

Paula Cons achéganos a historia do naufraxio do Santa Isabel na súa primeira longametraxe de ficción.

A nosa asociada Paula Cons dirixe e escribe A illa das mentiras, unha coprodución de Agallas Films, Historias del Tío Luis, Aleph Cine e Take 2000. Protagonizada por Nerea Barros, Victoria Teijeiro, Ana Oca, Darío Grandinetti e Aitor Luna, estréase este 24 de xullo. Falamos con ela con motivo desta estrea. Pregunta: A estrea de A illa das mentiras estaba prevista para o pasado mes de maio, finalmente estrearase o 24 de xullo en Filmin. Estando a rodaxe orientada á pantalla grande, que pode gañar e perder a fita en dispositivos? Paula Cons: Gaña a visibilidade que lle quitou o coronavirus, chegar a moitos fogares. E que ademais, as salas e as plataformas son complementarias, non excluíntes. Ademais Filmin é unha plataforma exquisita. P: Verémola en cines este ano? PC: Se o coronavirus nos deixa, desde logo. A idea é estrear en cines, cando menos en Galicia. Barallamos agora mesmo o 3 de outubro como data de estrea. "Chegou o momento de facer