Premio José Sellier
O premio especial José Sellier é unha distinción que outorga a Academia Galega do Audiovisual para distinguir o labor de iniciativas de especial relevancia para o conxunto do sector.
Debe o seu nome ao pioneiro do cinema José Sellier Loup, quen, en maio de 1897 filmou, na Coruña, as primeiras películas rodadas en España con cámara Lumière.
En 2021, para conmemorar o décimo aniversario do premio, presentouse un trofeo deseñado polo artesán coruñés Teodoro Castro, que reproduce a cámara coa que Sellier fimou aquelas primeiras imaxes da vida cotiá.
A relación de iniciativas recoñecidas nas sucesivas edicións do premio son as seguintes:
I Edición
Angel Luís Hueso do Departamento de cine da USC
II edición
Cineclubes de Pontevedra
III edición
Escola de Imaxe e Son da Coruña (EIS)
IV edición
Equipo de Cine Imaxe
V edición
Numax
VI edición
Programa En Xogo TVG
VII edición
Multicines Norte
VIII edición
Federación de Cineclubes de Galicia
IX edición
Festival Audiovisual Escolar Olloboi”
X edición
A Cuarta Parede
XI edición
Chanfaina Lab
XII edición
Asociación Senunpeso
Co apoio de: