Premios María Luz Morales

Premios María Luz Morales

Os premios naceron en 2017 para estimular a produción de ensaio e videoensaio en lingua galega e contan co apoio das Deputacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Constan de catro categorías: Mellor ensaio escrito sobre audiovisual galego, Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional, Mellor videoensaio sobre audiovisual galego e Mellor videoensaio sobre audiovisual internacional. O traballo gañador en cada unha delas recibirá un trofeo conmemorativo e 1.200 euros.

A Academia tamén quere reivindicar con eles a figura da escritora e xornalista María Luz Morales (A Coruña, 1889 – Barcelona 1980). Especializada na crítica de cine e de teatro, dirixiu o xornal La Vanguardia durante a Guerra Civil, sendo a primeira muller na historia de España en ser directora dun diario estatal. Foi activista feminista, republicana e galeguista represaliada polo franquismo, e autora dunha extensa obra literaria. Considerada unha referencia da incorporación da muller a actividade xornalística e intelectual na España do século XX, mantívose en activo ata os 91 anos de idade.

VII premios María Luz Morales

VII Edición

Traballos gañadores

VI Edición

Traballos gañadores

V Edición

Traballos gañadores

IV Edición

Traballos gañadores

 III edición

III Edición

Traballos gañadores

II Edición

Traballos gañadores

I Edición

Traballos gañadores

Co apoio de:

Dep. Coruña
Dep. Lugo
Dep. Ourense
Dep. Pontevedra