A Academia

A Academia é o espazo común para un colectivo diverso con algo que o une: formar parte do audiovisual galego.

Centro Ágora

Orixe

Fitos destacados

Obxectivos

Organigrama

Recoñecementos

Orixe

En 2002 as asociacións profesionais e empresariais do sector audiovisual galego uníronse arredor dun obxectivo común, a creación da Academia Galega do Audiovisual. Aquela primeira comisión promotora estaba formada por Xosé Henrique Rivadulla Corcón, como Presidente da Asociacion de Guionistas de Galicia (a actual AGAG), Ángel de la Cruz como membro da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (a actual CREA), Xosé Manuel Olveira Pico como Presidente da Asociacion de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia (a actual AAAG), Valentín Carrera González como presidente da Asociación Galega de Productoras Independentes (AGAPI) e Mamen Quintas Cruceyra como Xerente dos Premios do Audiovisual Galego (Premios AGAPI).

O 30 de abril de 2002 asinouse na Coruña a acta de constitución “atendendo ó sentir xeralizado manifestado por amplos sectores do audiovisual galego en tódolos seus oficios e profesións”. Nacía así a Academia Galega do Audiovisual.

O 30 de maio de 2002 celebrouse na Casa do Consulado da Coruña a Asemblea fundacional, na que 104 profesionais elixiron a primeira xunta directiva formada por Ernesto Chao (presidente), Ángel de la Cruz, Antón Reixa, Carlos Carballo, Julio Fernández, Manuel Abad, Manuel Manquiña, María Bouzas, Miguel Anxo Fernández e Xosé Carlos Cermeño. Unha vez concluida a toma de posesión do cargo, Ernesto Chao procedeu á lectura do ‘Manifesto fundacional da Academia Galega do Audiovisual’.

Do 9 ao 11 de abril de 2003 a Academia organizou a súa primeira actividade, o ‘Foro Academia Aberta’ co obxectivo de visibilizar todas as categorías profesionais integrantes da asociación, organizado como unha actividade anual, na que se expuña a situación do sector, favorecendo os debates e o diálogo entre as distintas disciplinas que integran o audiovisual.

O 7 de xuño de 2003 celebrouse no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela a primeira edición da Gala dos Premios Mestre Mateo.

Todas as actividades organizadas pola Academia dende os seus inicios teñen por obxectivo promover, divulgar, difundir e fortalecer o coñecemento do audiovisual galego para contribuír a que a sociedade, da que formamos parte e que fai posible o noso traballo, coñeza e valore o resultado do noso labor.

A Casa do Consulado, situada na praza Pintor Sotomayor da Coruña, acolleu sede da Academia durante 16 anos ata outubro de 2018, cando a oficina se trasladou ás instalacións do Centro Ágora, na mesma cidade.

A Academia é o espazo común para un colectivo diverso con algo que o une: formar parte do audiovisual galego.

Fitos destacados

Timeline

Obxectivos

A Academia Galega do Audiovisual é unha asociación sen ánimo de lucro no eido da Comunidade Autónoma de Galicia, inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia co número 2002/000862-1.ª, creada o 30 de abril de 2002 que nace co propósito de converterse nun espazo común onde desenvolver, identificar e promover as necesidades de todos os profesionais que converxen no panorama audiovisual galego en todas as súas vertentes: académica, creativa, industrial, técnica, artística, cultural e científica, promovendo o seu recoñecemento social e profesional e auspiciando a participación de todos eles no seu seo.

Tal e como establecen os seus estatutos, a Academia ten como finalidade promover, divulgar, difundir e fortalecer o coñecemento do audiovisual galego para contribuír a que a sociedade, da que forma parte e que fai posible o traballo dos profesionais do audiovisual galego, coñeza e valore o resultado da súa labor, pero tamén para que o propio sector se coñeza e recoñeza a si mesmo.

Co seu traballo, a Academia busca promover o talento e a creatividade e difundir e divulgar o patrimonio audiovisual galego ademais de contribuír e favorecer o desenvolvemento cultural e económico de Galicia.

Estatutos da academia

Aquí podes consultar os estatutos da Academia Galega do Audiovisual.

Organigrama

Alvaro Perez

Presidencia:

Álvaro Pérez Becerra
Produtor.

Sonia Méndez

Vicepresidencia 1ª:

Sonia Méndez
Directora e actriz.

Pepe Coira

Vicepresidencia 2ª:

Pepe Coira
Guionista e produtor executivo.

Saamira

Secretaría

Saamira Ganay
Actriz.

Carmen Méndez

Tesoureiría

Carmen Méndez
Actriz.
Alba Gallego

Vogal:

Alba Gallego
Script.

Anxos Fazans

Vogal:

Anxos Fazáns
Cineasta.

Lucía Catoira

Vogal.

Lucía Catoira
Directora de fotografía.

Milo Baños

Vogal.

Milo Baños
Distribuidor.

Xavi Font

Vogal.

Xavi Font
Productor e compositor

Miguel Mariño

Oficina:

Miguel Mariño
Dirección.

Marisela Lens

Oficina:

Marisela Lens
Xerencia.

Miriam Rodriguez

Oficina:

Miriam Rodríguez
Comunicación.

Yohana Silva

Oficina:

Yohana Silva
Produción.

Recoñecementos

Asociación Cultural e Promoción Social Conxeito: Mención Especial da Mostra Cinema e Sociedade (2008)

Asociación Cultural e Promoción Social Conxeito:
Mención Especial da Mostra Cinema e Sociedade (2008)

Asociación Proxecto Máscaras: Premio ás boas prácticas en educación e cultura inclusiva do proxecto Un Día de Cine (2017)

Asociación Proxecto Máscaras:
Premio ás boas prácticas en educación e cultura inclusiva do proxecto Un Día de Cine (2017)

Luxury Advertising Awards: Premio especial Victorio & Lucchino á mellor creación (2022)

Luxury Advertising Awards:
Premio especial Victorio & Lucchino á mellor creación (2022)

- Associació d'Actors i Actrius Professionals Valencians: Premi Taules (2023)<br />

Associació d’Actors i Actrius Professionals Valencians:
Premi Taules (2023)

Asociación Proxecto Máscaras: Premio ás boas prácticas en educación e cultura inclusiva do proxecto Un Día de Cine (2017)

Clúster da Comunicación de Galicia:
Premio Paraugas ao mellor evento (2022)