
O futuro do audiovisual a debate
No marco das das Eleccións ao Parlamento de Galicia do vindeiro 12 de xullo, desde a Academia Galega do Audiovisual organizamos un debate entre as diferentes formacións que concorren, que leva por título O futuro do audiovisual a debate. Será moderado pola actriz e membro da Xunta Directiva Saamira Ganay e terá lugar o día 6 de xullo ás 20:00h por videoconferencia. Poderá seguirse en directo a través das nosas redes sociais. Nel, representantes de PPdeG, Marea Galeguista, PSdeG, BNG e Galicia en Común-Anova Mareas presentarán as súas propostas en materia de política audiovisual. Coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello da

Curso As Partes dun Todo, impartido por Jorge Coira
DATA E LUGAR: Fin de semana 28 e 29 de Setembro Fin de semana 5 e 6 de Outubro Horario: 10:30h a 20:00h. Centro Ágora. Lugar da Gramela 17 15010. A Coruña. PRAZAS: O número de prazas dispoñibles é de 20: 12 para intérpretes, 4 para guionistas e 4 para profesionais da dirección. É preciso enviar un correo electrónico con datos persoais e de contacto, especificando experiencia profesional e cal é a motivación para asistir ao obradoiro. Unha vez rematado o prazo de inscición, comunicarase ás persoas interesadas se están ou non admitidas. PRAZO: O prazo de recepción de inscricións estará aberto dende o 9 ata o 20 de setembro de 2019. PREZOS: Gratuíto As socias e socios da Academia Galega do Audiovisual estarán convidados a xantar os catro días de celebración do curso.Un curso para actores/actrices, guionistas e directores/as. O obxectivo do curso é o de poñer en común e conectar tres das patas esenciais en toda obra audiovisual: a da

CoruñaFilm
COLABORACIÓN DA ACADEMIA CO CORUÑAFILM Dende a Academia colaboramos co Concello de A Coruña e Notodo.com por segundo ano consecutivo no CoruñaFilm, un encontro cinematográfico entre profesionais da industria, novos creadores, estudantes e afeccionados ao cine CoruñaFilm que tivo lugar no Centro Ágora da cidade herculina o 30 e 31 de outubro e o 1 de novembro de 2014. Máis de 110 horas de programación serviron para apoiar a creación audiovisual e formar tanto a profesionais como a novos creadores, pero sobre todo para achegar o cine a tódolos públicos. Entre as actividades gratuítas desta edición atopábanse obradoiros formativos, a rodaxe express dunha curta, tutorización de proxectos, unha exposición, encontros entre os profesionais da industria, e a proxección de curtametraxes. Unha ventá ao cine en curto: Premios Mestre Mateo e Premis Gaudí A Academia Galega do Audiovisual programou dentro das proxeccións das maratóns de curtas as finalistas e

Colaboración coa Acadèmia del Cinèma Català
No 2014 o CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe), foi novamente a sala elixida para proxectar aos gañadores na VI edición dos Premis Gaudí que se celebraron o pasado mes de febreiro en Barcelona, froito da colaboración entre a Academia del Cinèma Català e a Academia Galega do Audiovisual. Conseguiuse, unha vez máis, un achegamento cultural e audiovisual a través das obras dos respectivos premios. Proxección das longametraxes gañadoras nos VI Premis Gaudí O CGAI de A Coruña acolleu un ano máis, como xa se indicou, a exhibición das producións en formato longo galardoadas nesta edición do 11 ao 13 de marzo. O martes, día 11 de marzo ás 20.00h proxectouse "Carta a Eva", de Agustí Villaronga, gañadora do Premio Gaudí á Mellor Película para Televisión. O mércores día 12 houbo unha sesión doble, ás 18.00h con "Mon Petit", de Marcel Barrena, gañadora ao Mellor Documental; e ás 20.30h da man de "La Plaga", de Neus Ballús, gañadora á Mellor

Proxeccións no CGAI dos gañadores dos Mestre Mateo
Proxeccións no CGAI dos gañadores dos Mestre Mateo A Academia Galega do Audiovisual, grazas á colaboración con Centro Galego de Artes da Imaxe – CGAI, proxectou as obras da XII edición dos Premios Mestre Mateo do 13 ao 16 de maio. Nesta ocasión contouse coa presentación e posterior visionado das longametraxes finalistas e a gañadora, e as dúas curtametraxes que se fixeron co galardón nas súas respectivas categorías. A programación para esta semana previa á festividade das Letras Galegas comezou o martes, día 13 de maio ás 20.30h coa curta de imaxe real galardoada nesta edición, “3-1=0”, de Olga Osorio e Juan Galiñanes en coprodución con Píxel Films, coa presenza dos dous primeiros para a presentación; e coa longametraxe finalista “El árbol magnético”, de Dos35 Producciones e Parox. Para o día 14 de maio ás 20.30h programáronse curta “Aqua”, de Algarabía Animación, gañadora do premio á Mellor Curtametraxe de Animación e a longa
Colaboración Academia Española de Cine 2013
PROXECCIÓN EN MADRID DOS GAÑADORES DOS MESTRE MATEO Este acto encádrase dentro do acordo de colaboración que ambas entidades firmaron no ano 2012, polo cal as academias cinematográficas española e galega poderán dar a coñecer as obras audiovisuais que se producen no ámbito do cine nacional. Froito desta colaboración, de novo en 2013 as obras audiovisuais gañadoras na XI edición dos Premios Mestre Mateo chegaron un ano máis a Madrid para ser exhibidos na sede da Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España. Os pases das diferentes obras tiveron lugar o xoves 9 e o venres 10 de maio. Comezouse coa exhibición o día 9 de “O xigante” (gañadora na categoría de curta de animación” e continuou co documental gañador “100%CEF”. Para rematar, o día 10 pasouse a curta de imaxe real gañadora “Conversa cunha muller morta” e a longametraxe triunfadora desta edición dos Premios Mestre Mateo “O

Colaboración Academia Española de Cine 2012
COLOQUIO CON JOSEFINA MOLINA A Academia Galega do Audiovisual asinou no 2012 un acordo de colaboración coa Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España, coa finalidade dun achegamento audiovisual e cultural entre ambas entidades, tal e como xa se estableceu en 2010 coa Académia del Cinema Català. Froito desta colaboración, neste ano 2012, as obras audiovisual gañadoras nos Premios do Audiovisual Galego “Mestre Mateo” viaxaron a Madrid en xullo para seren proxectadas e dadas a coñecer entre o público madrileño. A cambio, no mes de febreiro recibimos en Galicia á Goya de Honor desa edición, a cineasta Josefina Molina, colaborando deste xeito na homenaxe que este ano lle rendeu o cine español. O 24 de febreiro de 2012, tras recibir o Goya de Honra na gala dos Goya, a directora de cine Josefina Molina visitou A Coruña. Trala proxección do seu filme “Esquilache”, adaptación da novela “Un soñador para un pueblo” de Antonio Buero