Foro Academia Aberta

O foro foi un encontro anual para promover o diálogo e a reflexión sobre temas de relevancia e actualidade para o sector audiovisual, abertos á comunidade académica e profesional. Cada edición artellouse a partir dunha temática a partir da cal se organizaron conferencias, paneis de discusión e outras actividades destinadas a estimular a reflexión, o pensamento crítico e a interacción construtiva entre os participantes.

En total, celebráronse doce edicións da iniciativa:

  • Pola excepción e a identidade cultural (2004) Programa
  • Definición dunha producion Galega (2005) Programa
  • Cinematografía Dixital, Os primeiros pasos (2006) Programa
  • A televisión dixital en Galicia, novas tecnoloxías, novos servizos (2007) Programa
  • A Lingua Fendida. O audiovisual e o galego (2008)  Programa
  • Regras do Xogo. Situación da política audiovisual (2009) Programa
  • Creatividade na crise. Adaptarse ou desaparecer (2010) Programa
  • Novos directores (2011) Programa
  • Direccion Artística. A Expresión plástica do cine (2012) Programa
  • A Dirección de Fotografía (2013) Programa
  • Deseño de Vestuario (2014) Programa
  • Efectos Dixitais (2015) Programa
Categoría: Outras actividades