EAVE Training Networking 2005

Cada ano o prestixioso Programa EAVE (European Audiovisual Entrepreneurs) Media da Unión Europea organizaba un ciclo de formación composto por tres obradoiros asistenciais e unha titoría a longa distancia. Os dous primeiros obradoiros trataban sobre desenvolvemento e presentación de produtos, mentres que o último presentaba os participantes no mercado, a través de sesións de pitching con decision makers, distribuidores e commissioning editors de todos os países europeos que asistían para interesarse por coproducir, adquirir ou distribuír os traballos expostos.

No ano 2005 a Academia converteuse en partner do EAVE celebrando en Santiago de Compostela do 24 ao 31 de outubro o Workshop 3. Participaron un total de 51 produtores europeos e profesionais asociados procedentes de 17 países. Como curiosidade destacar que a Academia lograra pactar coa organización do EAVE a incorporación ao programa de actos deseñados especialmente para as necesidades da produción audiovisual galega. Deste xeito, por medio dunha convocatoria, 15 produtores galegos e 5 doutras comunidades españolas tiveron a oportunidade de participar neste workshop 3 EAVE Galicia.

Categoría: Outras actividades