
Paula Cons achéganos a historia do naufraxio do Santa Isabel na súa primeira longametraxe de ficción.
A nosa asociada Paula Cons dirixe e escribe A illa das mentiras, unha coprodución de Agallas Films, Historias del Tío Luis, Aleph Cine e Take 2000. Protagonizada por Nerea Barros, Victoria Teijeiro, Ana Oca, Darío Grandinetti e Aitor Luna, estréase este 24 de xullo. Falamos con ela con motivo desta estrea. Pregunta: A estrea de A illa das mentiras estaba prevista para o pasado mes de maio, finalmente estrearase o 24 de xullo en Filmin. Estando a rodaxe orientada á pantalla grande, que pode gañar e perder a fita en dispositivos? Paula Cons: Gaña a visibilidade que lle quitou o coronavirus, chegar a moitos fogares. E que ademais, as salas e as plataformas son complementarias, non excluíntes. Ademais Filmin é unha plataforma exquisita. P: Verémola en cines este ano? PC: Se o coronavirus nos deixa, desde logo. A idea é estrear en cines, cando menos en Galicia. Barallamos agora mesmo o 3 de outubro como data de estrea. "Chegou o momento de facer