
Carlos Sedes estrea El verano que vivimos, unha historia de amor de época
Falar de Carlos Sedes é falar de televisión e dunha das traxectorias televisivas máis brillantes dos últimos años, primeiro en Galicia, onde formou parte do equipo de series lendarias como Mareas Vivas ou Padre Casares para despois dirixir a grande parte do star system estatal en títulos tan populares como Velvet, La Embajada, Instinto, Gran Reserva, Fariña ou Las Chicas del Cable. Este ano presenta El verano que vivimos, a súa segunda longametraxe despois de El club de los incomprendidos (2014). Protagonizada por Blanca Suárez e Javier Rey, El verano que vivimos conta unha historia de amor que se desenvolve en dúas épocas: os anos 50 e 90 do século pasado e foi parcialmente rodada na comarca de Ferrolterra. El verano que vivimos é o teu segundo proxecto para cine, gustaríache dirixir máis cine a partir de agora ou sínteste máis cómodo en TV? Síntome moi cómodo nas dús. Son unha persoa de televisión xa que todo o meu percorrido é televisivo e penso

Paula Cons achéganos a historia do naufraxio do Santa Isabel na súa primeira longametraxe de ficción.
A nosa asociada Paula Cons dirixe e escribe A illa das mentiras, unha coprodución de Agallas Films, Historias del Tío Luis, Aleph Cine e Take 2000. Protagonizada por Nerea Barros, Victoria Teijeiro, Ana Oca, Darío Grandinetti e Aitor Luna, estréase este 24 de xullo. Falamos con ela con motivo desta estrea. Pregunta: A estrea de A illa das mentiras estaba prevista para o pasado mes de maio, finalmente estrearase o 24 de xullo en Filmin. Estando a rodaxe orientada á pantalla grande, que pode gañar e perder a fita en dispositivos? Paula Cons: Gaña a visibilidade que lle quitou o coronavirus, chegar a moitos fogares. E que ademais, as salas e as plataformas son complementarias, non excluíntes. Ademais Filmin é unha plataforma exquisita. P: Verémola en cines este ano? PC: Se o coronavirus nos deixa, desde logo. A idea é estrear en cines, cando menos en Galicia. Barallamos agora mesmo o 3 de outubro como data de estrea. "Chegou o momento de facer
ESTREA DO DOCUMENTAL “A BUSCA DA MIRADA. 25 ANOS DE CINE GALEGO”
Con motivo da exposición "25 Anos de Cine Galego" o vindeiro mércores, 28 de xaneiro ás 18h estréase na Cidade da Cultura o documental "A busca da mirada. 25 ano de cine galego" no que colaboran a Academia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a TVG. "A busca da mirada. 25 anos de cine galego" conmemora os 25 anos de produción cinematográfica en Galicia. Para a realización do mesmo tomouse como punto de partida a narración, os comentarios e as opinións de Xavier Villaverde como director de Continental, Carlos Piñeiro como director de Urxa e Uxía Blanco como actriz protagonista de Sempre Xonxa. A académica, presentadora e actriz Lucía Regueiro foi a conductora do coloquio entre os históricos do cinema galego. Contouse ademais coa participación de moitos profesionais do eido audiovisual e cultural galego (actores e actrices, escritores, músicos, directores, historiadores...), que deron a súa opinión da evolución da industria