Con motivo da exposición “25 Anos de Cine Galego” o vindeiro mércores, 28 de xaneiro ás 18h estréase na Cidade da Cultura o documental “A busca da mirada. 25 ano de cine galego” no que colaboran a Academia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a TVG.

“A busca da mirada. 25 anos de cine galego” conmemora os 25 anos de produción cinematográfica en Galicia. Para a realización do mesmo tomouse como punto de partida a narración, os comentarios e as opinións de Xavier Villaverde como director de Continental, Carlos Piñeiro como director de Urxa e Uxía Blanco como actriz protagonista de Sempre Xonxa. A académica, presentadora e actriz Lucía Regueiro foi a conductora do coloquio entre os históricos do cinema galego. Contouse ademais coa participación de moitos profesionais do eido audiovisual e cultural galego (actores e actrices, escritores, músicos, directores, historiadores…), que deron a súa opinión da evolución da industria audiovisual galega.
O equipo que levou a cabo o proxecto está formado por Manolo Abad na dirección, Ángel de la Cruz no Guión, Antonio Mourelos na produción executiva e María Liaño na dirección de produción.