A Academia Galega do Audiovisual vén de publicar a listaxe definitiva de candidatos que participarán nas 25 categorías da XIII edición dos Premios Mestre Mateo.

A esta edición dos Premios Mestre Mateo optan un total de 111 obras estreadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014. Destas producións, 11 son longametraxes (3 das cales son de animación, 17 documentais, 5 series, 7 series web, 20 programas de televisión, 18 curtas, 16 anuncios publicitarios e 17 videoclips.

Estas producións, así como os diferentes profesionais presentados, serán votados polos académicos e académicas nas vindeiras semanas para decidir os catro finalistas de cada categoría, que se anunciarán o vindeiro mes de marzo e que optarán a un Premio Mestre Mateo.