Nueva plataforma de visionado y votación de los Mestre Mateo

20 / 01 / 2015

Nestes días a Academia Galega do Audiovisual está a facer pública a súa mellorada e renovada páxina web na que se enmarca nunha nova etapa na liña de comunicación da asociación.

Grazas a esta nova web mudouse tamén o tradicional sistema de votación e de visionado dos candidatos para os académicos e académicas, que agora se fará online. Por primeira vez intégrase o sistema de visionado coa votación de xeito natural para facilitar a experiencia aos usuarios.

Tamén se incorpora un novo modelo de votación no que os socios deben puntuar catro candidaturas de cada unha das categorías con catro, tres, dous ou un punto, sendo catro o máis valorado e 1 o menos.

Categoría: Novas
Etiquetas: