A AAPV premia á Academia por construír “un selo propio e significativo do audiovisual galego ”

Onte déronse a coñecer as gañadoras e gañadores dos Premis AAPV que outorga a Associació d'Actors i Actrius Professionals Valencians, nunha gala celebrada no teatro Principal de Valencia. No transcurso do evento a Academia Galega do Audiovisual resultou recoñecida co Premi Taules por converterse nunha institución de referencia ao construír “un selo propio e significativo do audiovisual galego”.O Premi Taules é un dos dous galardóns honoríficos que entrega cada ano a AAPV e recoñece o traballo de institucións que, aínda que pertenzan a outras comunidades autónomas, defenden e promoven o labor dos intérpretes valenciáns. Na gala tamén foron desvelados os nomes das gañadoras nas categorías de dobraxe, teatro, audiovisual e os premios revelación (Crisàlide) da presente edición, así como o premio honorífico Premi Narcís, en recoñecemento á traxectoria profesional da actriz Victoria Salvador. O trofeo foi recollido por Miguel Mariño e Marisela Lens,

Nova xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual “diversa, paritaria e interxeracional”

As académicas e académicos elixiron por unanimidade á nova xunta directiva que rexirá o destino da entidade durante os próximos dous anos, na asemblea celebrada o pasado 9 de xuño. O grupo liderado polo actual presidente da Academia, Álvaro Pérez, contará con catro novas incorporacións: a script Alba Gallego, a cineasta Anxos Fazáns, a directora de fotografía Lucía Catoira e o distribuidor Milo Baños. Repiten na xunta directiva Carmen Méndez, Pepe Coira, Saamira Ganay, Sonia Méndez e Xavi Font. Conversamos con Álvaro Pérez Becerra, que se presentaba á reelección, e con Alba Gallego, Anxos Fazáns, Lucía Catoira e Milo Baños, que forman parte, por vez primeira, da xunta directiva da Academia, sobre as súas motivacións e os obxectivos para esta nova etapa. Empezamos a nosa conversa preguntándolle a Álvaro Pérez que balance fai dos seus dous anos como presidente e que o animou a presentarse á reelección. Álvaro Pérez: Encantaríame saber a

23 concellos galegos acollerán a segunda edición do Ciclo Mestre Mateo

O Ciclo Mestre Mateo regresa ás catro provincias galegas coas proxeccións das obras finalistas dos XXI Premios Mestre Mateo. A partir do mes de maio, 23 localidades galegas, tres máis que en 2022, acollerán as proxeccións das longametraxes de ficción, animación e documental finalistas nos premios do noso audiovisual. Saber máis.

A segunda edición do Ciclo Mestre Mateo regresa a oito comunidades galegas do exterior

O Ciclo Mestre Mateo regresa ás comunidades galegas do exterior coas proxeccións das longametraxes de animación, ficción e documentais finalistas dos premios do noso audiovisual, segundo foi anunciado hoxe nunha rolda de prensa celebrada no  I.E.S. Audiovisual de Vigo. Nela estiveron presentes o Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra e Miguel Anxo Fernández, director do I.E.S. Audiovisual de Vigo.  Saber máis.

Semana do Cinema Galego 2023

A cuarta edición da Semana do Cinema Galego exhibirá, do 14 ao 19 de marzo de 2023, nove das producións máis recentes e recoñecidas da industria cinematográfica asinada en Galicia, nunha cita consagrada ao talento máis próximo. Saber máis.

O corpo aberto gran vencedora dos XXI Premios Mestre Mateo

O corpo aberto, de Ángeles Huerta, resultou a obra máis premiada na gala dos vixésimo primeiros Mestre Mateo. A actriz Bárbara Grandío foi a mestra de cerimonias do evento, acompañada sobre o escenario do Teatro Municipal de Ourense polas intérpretes Victoria Teijeiro e Belén Constenla. Seguir lendo.

Ampliamos o prazo de presentación de traballos para os María Luz Morales

Ampliamos o prazo de recepción de ensaios escritos e videoensaios para participar nos VII Premios María Luz Morales de Ensaio e Videoensaio sobre o Audiovisual ata o 31 de xullo de 2023. Estes galardóns premian a excelencia na investigación científica no ámbito audiovisual e constan de catro categorías:- Mellor ensaio escrito sobre audiovisual galego- Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional- Mellor videoensaio sobre audiovisual galego - Mellor videoensaio sobre audiovisual internacional. O traballo gañador en cada unha delas recibirá un trofeo conmemorativo e 1.200 euros. Bases VII edición | Cláusulas de protección de

Rapa e O corpo aberto acaparan as candidaturas finalistas dos XXI Mestre Mateo

Os académicos Esther Estévez, Iolanda Muíños e Xosé A. Touriñán foron os encargados de dar a coñecer os nomes dos proxectos e profesionais finalistas da XXI edición dos Premios Mestre Mateo, desde o museo MEGA Estrella Galicia. Ver máis.

Lectura de finalistas XXI #PremiosMestreMateo

O vindeiro martes 7 de febreiro coñeceremos as  finalistas dos XXI Premios Mestre Mateo desde o Museo Estrella Galicia. Máis información aquí.

Rematamos o 2022 co reto “de seguir sendo a casa de todas e de todos”

A poucos días para que finalice o 2022 tócanos facer balance dun ano intenso, no que case recuperamos a vella normalidade se non fora por palabras como guerra, volcán ou crise con variados adxectivos: climática, enerxética, institucional.  Pese a todas as incertezas que presiden as nosas vidas desde que a Covid chegou a elas, e a outras novas que fomos adoptando, na Academia iniciamos o 2022 con espírito de celebración, estabamos aniversario. ´Álvaro Pérez Becerra na gala dos XX Mestre Mateo. Preguntamos ao noso presidente, Álvaro Pérez Becerra, que valoración fai sobre o ano que está a piques de rematar. “No 2022 intensificamos o que é un dos principais obxectivos da Academia: o acompañamento e a promoción do talento no audiovisual galego. Aproveitando o noso vinte aniversario quixemos estar máis presentes que nunca en diferentes acontecementos sociais e culturais en Galicia, representando a un sector cada día máis relevante, que avanza