IIIPMLM

Ábrese o prazo para participar nos III Premios María Luz Morales

A Academia Galega do Audiovisual e as catro deputacións galegas premian, un ano máis, a excelencia na investigación científica no ámbito audiovisual convocando a segunda edición dos premios María Luz Morales. As persoas interesadas en participar nesta iniciativa, poden presentar os seus ensaios escritos e/ou os seus videoensaios sobre temática galega ou internacional dende hoxe mesmo ata o próximo 17 de marzo a través do correo-e inscricions@academiagalegadoaudiovisual.gal, segundo recollen as bases que xa están publicadas na web da Academia. Os traballos gañadores recibirán un galardón e 1.200 euros o vindeiro mes de abril nun acto que se desenvolverá na provincia de Ourense. Así o anunciaron esta mañá na rolda de prensa de apertura de convocatoria, que se levou a cabo no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense, Miguel Mariño -director da Academia Galega do Audiovisual- e Xosé Manoel Rodríguez -responsable de publicacións do OUFF-. Mentres que este

Entrega 1 PMLM - M Meseguer_LQ

O papel da muller no cinema e na televisión protagoniza os II Premios María Luz Morales de ensaio audiovisual

Lucía Estévez, Marcos Nine, Fernando Redondo e Denisse Lozano (que xa gañara na primeira edición) recolleron en Lugo os Premios María Luz Morales de investigación audiovisual, nun acto no que tamén se recoñeceu o traballo de Éire García Cid, Brais Romero e Sabela Rei, con cadanseu accésit Os premios, organizados pola Academia Galega do Audiovisual en colaboración coas catro deputacións, levan o nome dunha xornalista galega que foi a primeira directora dun xornal diario estatal e que exerceu como crítica, investigadora e colaboradora de producións audiovisuais A Academia Galega do Audiovisual entregou esta tarde na Deputación da Lugo os premios María Luz Morales, que promoven a investigación científica no ámbito audiovisual, destacando cun galardón e 1.200 euros dous videoensaios e dous ensaios escritos asinados por dúas novísimas investigadoras e máis dous investigadores galegos, nunha iniciativa pioneira que conta coa participación das catro

II_PREMIOS_MariLuz-contodo

Ábrese o prazo para participar nos II Premios María Luz Morales

A Academia Galega do Audiovisual e as catro deputacións galegas premian, un ano máis, a excelencia na investigación científica no ámbito audiovisual convocando a segunda edición dos premios María Luz Morales. As persoas interesadas en participar nesta iniciativa, pioneira no Estado, poden presentar os seus ensaios escritos e/ou os seus videoensaios sobre temática galega ou internacional dende hoxe mesmo ata o próximo 7 de maio a través do correo-e inscricions@academiagalegadoaudiovisual.gal, segundo recollen as bases que xa están publicadas na web da Academia. Os traballos gañadores recibirán, o vindeiro mes de xuño, un galardón e 1.200 euros. Os premios María Luz Morales de investigación audiovisual pretenden avivar o interese polos estudos sobre o audiovisual, ofrecendo ás persoas estudosas e investigadoras a posibilidade de facer os seus traballos tanto en formato audiovisual como escrito. Levan o nome dunha xornalista galega que foi pioneira na súa época, ao

20170607_MariaLuzMorales_01_Foto_Fran Martinez

A Academia Galega do Audiovisual e as catro deputacións premian o labor de cinco novos investigadores galegos

A Academia Galega do Audiovisual entregou esta mañá na Deputación da Coruña os primeiros premios María Luz Morales, que promoven a investigación científica no ámbito audiovisual, destacando cun galardón e 1.200 euros  dous videoensaios e dous ensaios escritos asinados por cinco novísimos investigadores galegos, nunha iniciativa pioneira que conta coa participación das catro deputacións. O ferrolán Brais Romero gañou o Premio ao mellor Vídeo Ensaio Galego con Films From Galicia (?), que ofrece unha visión crítica e combativa na marxinación do idioma galego na produción audiovisual galega e do que o xurado destacou a calidade na realización do videoensaio, cun tratamento sonoro moi expresivo. Romero recibiu, tamén, un accésit ao ensaio escrito galego con O galego no cinema galego (documento) que remarca a importancia e a responsabilidade institucional a respecto de afondar sobre o uso do galego nas producións cinematográficas.   A vilalbesa

logotipo_mariluz-01_paraslideweb

A Academia pon en marcha os Premios María Luz Morales de investigación audiovisual

A Academia Galega do Audiovisual convoca os premios María Luz Morales para promover a investigación científica no ámbito audiovisual. Desde esta primeira edición, estes premios contarán con catro modalidades que atenderán traballos de videoensaio e ensaio escrito, de ámbito galego e internacional. Nesta iniciativa, a primeira destas características en Galicia, participan as catro deputacións galegas. No acto de presentación da primeira edición dos premios Mari Luz Morales, participaron os responsábeis das áreas de Cultura das Deputacións da Coruña, Pontevedra e Lugo, Goretti Sanmartín, Xosé Leal e Pilar García, o Concelleiro de Culturas da Coruña, José Manuel Sande e o Presidente e a Tesoureira da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares e María Yáñez. Na súa intervención, Carlos Ares, que deu grazas ás catro Deputacións por responder á chamada de colaboración da Academia, sinalou que os novos premios eran un “empeño da directiva” pola