Ampliamos o prazo de presentación de traballos para os María Luz Morales

3 / 03 / 2023

Ampliamos o prazo de recepción de ensaios escritos e videoensaios para participar nos VII Premios María Luz Morales de Ensaio e Videoensaio sobre o Audiovisual ata o 31 de xullo de 2023.

Estes galardóns premian a excelencia na investigación científica no ámbito audiovisual e constan de catro categorías:
– Mellor ensaio escrito sobre audiovisual galego
– Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional
– Mellor videoensaio sobre audiovisual galego
– Mellor videoensaio sobre audiovisual internacional.

O traballo gañador en cada unha delas recibirá un trofeo conmemorativo e 1.200 euros.

Bases VII edición | Cláusulas de protección de datos

Etiquetas: