Adrián Castiñeiras e Carmen Méndez presentan ‘Saudade de ti’

Saudade de ti é unha ficción diaria que emite a TVG, de domingo a xoves, desde o pasado 3 de xullo. Unha serie repleta de intrigas familiares, segredos e romances.  Un fatídico accidente sacode a vida da vila mariñeira de Abrente. A causa del, Celia, interpretada por María Tasende, regresa ao pobo facerse cargo do seu pai e traballar no centro de saúde. Axiña empezará a sentir algo especial por Santi, o enfermeiro do centro.  Pola súa banda, os López de Castro, a familia máis poderosa de Abrente, tamén se verá afectada pola traxedia, pero Raúl (interpretado por Fran Nogueira), loitará por facerse co poder coa axuda da súa muller, Mónica.  Falamos con Adrián Castiñeiras (Santi) e Carmen Méndez (Mónica) sobre este novo proxecto, producido por Voz Audiovisual.  Carmen Méndez interpreta a Mónica en Saudade de ti. Que pode atopar a audiencia nesta nova serie?   Adrián Castiñeiras (A.C.) - É unha novela con todos os

Colaboración coa revista A Cuarta Parede

A Academia Galega do Audiovisual inicia unha colaboración con A Cuarta Parede, grazas á cal se poderán ler e visionar os ensaios e videoensaios gañadores dos Premios María Luz Morales na revista de crítica cinematográfica. Para o presidente da Academia, Álvaro Pérez Becerra "é importante non esquecer nunca o traballo de investigación que, ao redor do audiovisual, realizan moitos profesionais en Galicia. Temos desde a Academia a misión de contribuír a documentar todo ese coñecemento, e por suposto, a divulgalo. Que mellor, para isto, que contar cunha das publicacións que máis ten feito para dar a coñecer o traballo no audiovisual en Galicia, en especial o menos visible, como é A Cuarta Parede." Trofeos da VI edición dos María Luz Morales Jesús Silva Vilas, director da revista dixital, considera que “o principal obxectivo desta colaboración e contribuír a dar maior visibilidade aos traballos premiados nos María Luz Morales mediante a publicación e

Falamos con Beli Martínez, Silvia Roca e Víctor Paz, membros do xurado dos VI María Luz Morales

Mañá daranse a coñecer as gañadoras dos Premios María Luz Morales, que chegan este ano á súa sexta edición. Un xurado integrado polo crítico e programador Víctor Paz, a produtora e docente Beli Martínez e a investigadora e xornalista Silvia Roca foi o encargado de distinguir os mellores traballos dunha convocatoria que fomenta a produción de ensaio e videoensaio en lingua galega. Conversamos con eles sobre como viviron a experiencia.  “A idea de ser xurado non é algo que me agrade moito” confesa Beli Martínez “ aceptei a oferta por tratarse duns premios adicados ao ensaio, a pensar o cinema e parecíame moi interesante.” Na mesma liña se manifesta Víctor Paz “considero que é unha das mellores iniciativas da Academia, todo o que promova a reflexión sobre a historia do cinema é benvido”.Silvia Roca segue con “bastante atención cada convocatoria dos premios” xa que coñece os traballos de investigadoras e investigadores vinculados á Facultade

Ignacio Benedeti: “O Súper-8 é a miña vida”

En 2016 Ignacio Benedeti iniciou a súa bitácora Mi mundo en Súper-8 “seguindo o consello da miña irmá Susana” unha ferramenta útil para coñecer mellor a este produtor, distribuidor, restaurador, coleccionista… pero, ante todo, cineísta, como lle gusta definirse. Funciona como unha especie de diario no que tamén podemos atopar artigos informativos e curiosidades sempre arrededor do cinema analóxico. “Estou moi contento cos resultados obtidos, pois cada publicación adoita chegar a unha media de 200 lectores, máis cando o publico directamente en inglés. En total, as súas entradas superaron a cifra de 600.000 lecturas desde 2016”. Conversamos con él sobre a súa paixón polo Súper-8 e repasamos unha traxectoria profesional e vital ligada ao cinema. De onde nace a túa paixón polo cine, máis concretamente polos formatos analóxicos? (Súper-8, 16mm…) O Súper-8 é a miña vida: medrei con el. A película Super-8, de Abrams e Spielberg, resume a miña

Así foi o 2021, contado polos seus protagonistas (I)

Como corresponde a esta época do ano, toca mirar atrás e facer balance dun ano no que non acabamos de deixar atrás a Covid-19 e as súas sucesivas variantes, pero que tamén nos deu motivos de esperanza e, incluso, celebración. Repasamos como foi este 2021 a través das entrevistas ás e aos profesionais do sector audiovisual galego cos que tivemos a oportunidade de conversar sobre proxectos, rodaxes, estreas, investigacións, premios, festivais e efemérides. Empezamos o ano falando co actor e director teatral Tito Asorey, director da gala dos XIX Premios Mestre Mateo. “Este ano, tan estraño e tan duro, agradecín a oportunidade que se me brindou de construír esta celebración do audiovisual galego”. Lucía Veiga foi a encargada de presentar a gala, un encargo "emocionante" que encaixaba á perfección coa súa filosofía de traballo "o que máis me apetece é seguir comunicando e actuando e estou máis cómoda cando o traballo é en equipo". Conversamos

Fátima Davite: “Temos talento de sobra pero estamos a exportalo”

En 2022 estréase Luck, unha película de animación producida por Paramount Pictures e Skydance Animation, que conta con Whoopi Goldberg e Jane Fonda poñendo a voz dos personaxes protagonistas. No equipo atopamos a unha galega, Fátima Davite Aguiar. Empezamos a conversa con ela preguntándolle polo seu traballo en Skydance, concretamente pedímoslle que nos explique que é unha Senior Artist de Character Fx: “resumindo… somos os perruqueiros e os xastres das personaxes que aparecen nas películas de animación ou efectos especiais. Encargámonos de facer o pelo e mais as roupas das personaxes, dotar aos tecidos e os cabelos de movemento. Por exemplo, cando o personaxe se move facer que as súas roupas se engurren ou, se hai vento, que o seu pelo se mova”. Cando soubeches que querías dedicarte a isto? Lembro estar vendo o filme O señor dos aneis de pequecha co meu irmán e pensar o que me flipaban os entornos xerados por ordenador. Obsesioneime moitísimo e

María Solar conducirá o acto de entrega do X Premio Sellier

A entrega do galardón á revista dixital A Cuarta Parede terá lugar no antigo Cine Valle Inclán da Coruña, actual Garufa Club, o mércores 1 de decembro a partir das 20:00h. Será conducido pola nosa asociada María Solar, directora de programación cultural da CRTVG "para min presentar esta gala é unha ilusión e un honor, como xornalista cultural e como socia da Academia Galega do Audiovisual. O Premio José Sellier fai dez anos cunha nova xuventude, darlle un espazo autónomo dos Mestre Mateo, un trofeo novo, ou unha gala nova é, sen dúbida, facelo medrar."A tamén escritora e xornalista parabenizou á iniciativa galardoada co X Premio José Sellier "por tantas páxinas escritas, tanto cine visto, e tanta paixón coa que nolo contaron" sen esquecer a oportunidade da celebración "levamos un ano moi duro no que o audiovisual nos salvou aos espectadores de tolear nas peores horas de confinamento pero que, para os profesionais, supuxo un duro parón e novas incertidumes para

Sandra Sánchez: “Co tempo evolucionei cara a ficción, e agora síntome aí moi cómoda”

A nosa asociada Sandra Sáchez dirixiu A nena azul “como unha necesidade de experimentar coa ficción e de explorar o universo dunha nena que era a protagonista dunha longa que estaba escribindo, A nadadora”. A curtametraxe obtivo, entre outros recoñecementos, o Mestre Mateo á Mellor Curtametraxe de Imaxe Real en 2019. Falamos coa cineasta e montadora deste proxecto e doutras inquedanzas, agora que A nena azul ven de incorporarse ao catálogo de Fiestra.gal para este curso 2021-2022. Es unha das primeras mulleres tituladas en dirección pola Escola de Imaxe e Son de Someso. De que maneira afectou este aspecto ao teu desenvolvemento profesional?A presenza da muller no audiovisual cambiou moitísimo dende que eu empecei, xa que daquela era prácticamente inexistente. Na primeira promoción da EIS, no ano 92, eu era a única muller entre 60 estudantes e case unha ducia de profesores. Formeime sen ter referentes femininos. Penso que me tocou vivir un tempo no que as

Pedro Brandariz: “Jacinto vai dar moito que falar”

O noso asociado Pedro Brandariz protagoniza Jacinto a segunda longametraxe de ficción de Javi Camino, estreada onte no Festival de Sitges.  Nela interpreta a Jacinto, un neno de nove anos atrapado no corpo dun home de corenta, que vive unha existencia apacible na súa aldea, ata que a chegada de dúas novas veciñas perturbará a súa existencia. Falamos con este cómico, como lle gusta definirse, sobre unha película que promete non deixar a ninguén indiferente "Javi Camino creou unha historia para todo tipo de públicos, pero ás namoradas e namorados do xénero vailles encantar, pois está moi ben construído, ten moitas referencias, e sobre todo é moi divertida". Sendo humorista, e  cunha carreira moi ligada a proxectos de humor, como foi a construción do personaxe de Jacinto? Todo foi moi fácil. O personaxe de Jacinto ten moitas cousas en común conmigo mesmo, polo que non tiven que traballar moito. Jacinto é un neno no corpo dun home de 40 anos e eu síntome moitas

Marian Sande: “Ser subtituladora é unha profesión que namora”

Desde o seu estudio na Estrada, Marián Sande encárgase da tradución e subtitulación de moitos dos contidos audiovisuais que chegan aos nosos fogares. Falamos con ela durante a celebración do festival Curtocircuíto, unha cita que marca os seus comezos como profesional “supuxo a miña toma de contacto coa tradución audiovisual, daquela xa podes imaxinar o que significa para min”.  Falamos sobre a importancia dos servizos de tradución e subtitulación para facer un audiovisual máis accesible e das particularidades que hai que ter en conta para adicarse a esta profesión.  O traballo de tradución audiovisual e subtitulación non é moi coñecido, nin sequera dentro das persoas que se adican ao sector audiovisual. Por que decidiches traballar neste eido? Sempre me tirou o sector audiovisual na súa parte máis artística. Fixen moitos cursos de dobraxe, incluso traballei unha tempada facendo papeis extra. Tamén aparezo nalgunha curta como figuración