PARA MARTA DEFINITIVO-01

Aberto o prazo de inscrición para os premios XVI Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual abriu esta mañá o prazo de inscripción para os XVI Premios Mestre Mateo, que recoñecerán as obras galegas estreadas no ano 2017 e os profesionais que traballaron nos seus distintos aspectos técnicos e creativos. As e os profesionais que queiran participar poden inscribir os seus traballos dende hoxe e ata o vindeiro 20 de novembro a través da web da Academia Galega do Audiovisual. Aínda que non hai modificacións sustanciais con respecto ás bases do ano pasado, si que se incorporaron algúns pequenos cambios polo que vos recomendamos lelas atentamente e, se tedes algunha dúbida, por favor contactade coa oficina a través do mail premios@academiagalegadoaudiovisual.gal ou chamando aos teléfonos 981 208 393 e 981 227 701, de luns a xoves, en horario de 9h a 17h, e os venres, de 9h a 15h. A apertura de inscrición é o primeiro paso dun proceso de selección que contará con dúas roldas de votacións, a primeira para escoller as obras

«María y los Demás», gañadora dos Mestre Mateo con 5 estatuíñas entre elas a de mellor longametraxe

A longametraxe María y los Demás (producida por Frida Films, Avalon, , TVG, Movistar Plus e TVE) foi a gañadora de decimoquinta edición dos premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. Foi a producción que máis galardóns obtivo (cinco) e acadou ademais o premio á mellor longametraxe. Tamén a súa protagonista, Bárbara Lennie, obtivo o premio á mellor interpretación feminina. Acadou ademais os premios ao mellor guión, son e música orixinal. A segunda no palmarés foi a serie Dalia, a Modista, que obtivo catro premios: interpretación feminina de reparto (Covadonga Berdiñas), dirección de arte, vestiario e maquillaxe e perruquería. Tres premios Mestre Mateo obtivo o documental Esquece Monelos: mellor documental, dirección de fotografía e montaxe) O premio ao mellor programa de televisión foi para Land Rober Tunai Show. O seu conductor, Roberto Vilar, levou tamén o Mestre Mateo ao mellor comunicador de TV. No apartado de traballos actorais,

Iolanda Muíños presentará a Gala dos Mestre Mateo

A actriz Iolanda Muíños exercerá de mestra de cerimonia da gala de entrega dos premios Mestre Mateo que terá lugar o sábado 4 de marzo no Palexco da Coruña para repasar o mellor da produción audiovisual galega do pasado ano. A gala, que estará dirixida por Manolo Cortés, terá tamén unha destacada compoñente musical que correrá por conta da compañía Voadora. Iolanda Muíños (Narón, 1975) é actriz de teatro, cine e televisión. Foi galardoada con premio María Casares de teatro á mellor actriz protagonista por Life is a Paripé (2011) e á mellor actriz secundaria por Presidente (2016). No ámbito do cine ten participado como actriz en longametraxes como 8 Apellidos Catalanes, El Desconocido, Os Crebinsky, Mar Adentro ou 13 Badaladas. Para televisións estatais ten traballado en series como Cuéntame, Los Serrano ou La que se Avecina. Na TVG formou parte dos elencos de Pazo de Familia, A Casa da Conexa, Escoba, Padre Casares, Libro de Familia, Rías Baixas ou

Listaxe completo de nominacións dos Mestre Mateo 17 por categorías

Longametraxe – Cen Anos de Perdón (Vaca Films, Morena Films, Telecinco Cinema, Telefónica Studios, K&S Films, Marenostrum Productions ) – María y los Demás (Frida Films, Avalon, TVG, Movistar Plus e TVE) – Migas de Pan (Xamalú Filmes e RCI Producciones ) – Mimosas (Zeitun Films, La Prod e Rouge International)   Serie de Televisión – Dalia, a Modista (TVG e CTV) – Era Visto (Producións Zopilote e TVG) – Nós (Cap . 1) (Osdous Ardebullo) – Serramoura (Caps. 37-61 ) (Voz Audiovisual e TVG )   Programa de Televisión – Buscando Ardebullo (Osdous Ardebullo) – Deportes Imposibles (6) (Daruma Media) – Land Rober Tunai Show (TVG e CTV en colaboración con Destino Bergen) – Ziz Zag Diario (TVG)   Interpretación Masculina Protagonista – Federico Pérez (Era Visto) – Luis Tosar (Cen Anos de Perdón) – Miguel Ángel Blanco (Serramoura – Caps. 37-61) – Monti Castiñeiras

mestremateo

176 obras buscan un Mestre Mateo

Publicamos o listado definitivo de candidaturas que participarán na XV edición dos Premios Mestre Mateo. A partir desta publicación comeza a primeira rolda de votacións dos premios. Os académicos e académicas emitirán os seus puntos nas vinte cinco categorías a través da plataforma de visionado e votación en liña, e así elixir aos catro finalistas que se anunciarán o vindeiro mes de febreiro e que optarán a levarse un Mestre Mateo. Un total de 176 obras (das cales 5 son longametraxes, 25 documentais, 10 series de televisión, 9 series web, 32 programas de televisión, 31 curtametraxes de imaxe real, 8 curtas de animación, 20 anuncios publicitarios e 36 videoclips), 171 produtoras e 498 profesionais forman parte do listado, o que supón un incremento en relación ás edicións anteriores dos premios. Moita sorte a todxs! Listaxe definitiva candidaturas

para-marta-definitivo-01-copia

Listado provisional de candidaturas aceptadas dos Mestre Mateo

Publicamos o listado provisional de candidaturas aceptadas dos Mestre Mateo e comeza o período de alegacións para os membros da Academia relativos a producións presentadas, argumentar sobre as categorías nas que non esteades de acordo ou se observades omisións, erros ou outras cuestións que queirades que se teñan en conta. O prazo para enviar as vosas alegacións remata o vindeiro xoves, día 29 de decembro ás 14h, e tedes que achegárnoslas ao mail premios@academiagalegadoaudiovisual.gal A continuación vos deixamos o listado en PDF. Listaxe Provisional Candidaturas Aceptadas XVPMM

Aberto o prazo de inscrición para os premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual abriu o prazo de inscripción para as obras que queiran participar nos premios Mestre Mateo do audiovisual galego. O prazo de inscripción permanecerá aberto desde hoxe ata o vindeiro 24 de novembro. Os premios Mestre Mateo repasarán toda a actividade audiovisual galega do ano 2016. A apertura de inscripción nos premios é o primeiro paso dun proceso de selección que contará con dúas roldas de votacións, a primeira para escoller aos finalistas e a segunda para decidir aos gañadores en cada una das vintenove categorías dos premios. Os premios Mestre Mateo adiantarán en case dous meses a súa celebración neste ano, pasando de finalizarse a finais de abril a celebrar a súa gala a principios do mes de marzo, nunha data por concretar. Este cambio obedece a celebrar os premios o máis próximos posibles ao ano que están xulgando e tamén adaptar mellor os Meste Mateo ao calendario de premios internacionais do

“O Descoñecido” colleita doce premios Mestre Mateo

A decimocuarta edición dos premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual saldouse con doce galardóns para a longametraxe "O Descoñecido". A película de Vaca Films, dirixida por Dani de la Torre levaba recollidos unha ducia de premios, incluídos o de mellor película, mellor director e os catro Mestre Mateo nas catro categorías de interpretación. A longametraxe case monopolizou a noite. Tras "O Descoñecido", "Lobos sucios" foi a seguinte obra no palmarés obtendo dous premios. A gala celebrada no Pazo da Ópera da Coruña foi presentada por Marga Pazos e Xosé A. Touriñán e ademais do humor, a gala foi alternando a historia do audiovisual galego desde a primeira película galega,"Miss Ledya", coa utilización de novos xeitos de comunicación audiovisual, as redes ou o uso de drones. Polo escenario coruñés tamén pasaron as verbas de Manuel María e unha reivindicación do sector audiovisual en todos os seus eidos. Durante algo máis de dúas horas a gala

Palmarés dos XIV PMM

Premios Mestre Mateo por número de galardóns O Descoñecido (12) |  Longametraxe, Actor protagonista, Actor de reparto, Actriz protagonista, Actriz de reparto, Dirección, Fotografía, Produción, Guión, Montaxe, Música, Son. Lobos Sucios (2) | Arte, vestiario Serramoura (1) | Serie Hospital Real (1) | Maquillaxe e perruquería Land Rober (1) | Realización     Premiados por Categorías LONGAMETRAXE O Descoñecido (De Vaca Films e Atresmedia Cine, coa participación de TVG SERIE TV Serramoura (Capítulos 14-36) (De Voz Audiovisual e TVG) SERIE WEB El Método Sueco (Capítulos 2-7) (De PorcoBravú) CURTAMETRAXE DE ANIMACION O TerceiroPorco (De IES Imaxe e Son) DOCUMENTAL Os Días Afogados (De Amanita Films coa participación de TVG) CURTAMETRAXE Eco (De Xacio Rodríguez Baño) VIDEOCLIP Buscando a Superfama (Herdeiros da Crus) (De Miss Movies) PROGRAMA DE TV Zigzag Diario (De TVG) ANUNCIO

Discurso do Presidente nos XIVPMM

Dende que comezou este ano 16 mulleres foron asasinadas vítimas da violencia machista. A violencia machista, o machismo, deben ser combatidos en todo momento, en cada acto cotián. Non compete só ás administracións solucionalo, xa que eses asasinatos son unha punta de iceberg dunha sociedade inxusta. Todas e todos nós, dende o noso traballo, nas nosas películas, series, programas, documentais, curtametraxes, publicidade temos o deber de deixar de sementar o sexismo que alimenta ese machismo, non debemos alimentar esa besta, temos o deber de non fomentar a desigualdade. O audiovisual galego non pode, nin debe ser alleo ao que acontece na sociedade. E como toda a sociedade, debemos facer un exame de conciencia. O audiovisual galego quérevos vivas. Nin unha menos! Excelentísimas autoridades, excelentísimas e excelentísimos compañeiras e compañeiros do audiovisual galego, boa noite. Dende a Academia Galega do Audiovisual queremos comezar enviando unha aperta moi