Listado provisional de candidaturas aos XX Mestre Mateo

17 / 12 / 2021

Publicamos a listaxe provisional de candidaturas aos XX Premios Mestre Mateo. O prazo para presentar as alegacións está aberto ata o luns 27 de decembro ás 14:00 horas, enviando un correo ao enderezo inscricions@academiagalegadoaudiovisual.gal. As alegacións recibidas serán estudadas pola comisión de seguimento dos Premios; unha vez valoradas e resoltas, publicarase a listaxe definitiva de candidaturas.

As alegacións poderán ser presentadas polos membros da Academia, as produtoras participantes e as persoas que figuran como candidatas nas categorías profesionais aínda que non sexan membros da Academia.

Pode consultarse calquera dúbida no enderezo inscricions@academiagalegadoaudiovisual.gal e o teléfono 981 227 701.

Listado provisional de candidaturas aos XX Premios Mestre Mateo.

Etiquetas: