Xa está aberta a primeira rolda de votacións dos XX Mestre Mateo. Dende este momento e ata o 31 de xaneiro ás 14:00 horas, os académicos e académicas elixirán cos seus votos as finalistas en cada unha das 25 categorías. Para calquera dúbida ou aclaración podedes contactar coa oficina da Academia no teléfono 981 227 701 ou no mail premios@academiagalegadoaudiovisual.gal.

Nesta edición dos Mestre Mateo participan 162 obras estreadas en 2021 (un 11% máis que no ano anterior). Dentro das obras presentadas atópanse 19 anuncios publicitarios, 29 curtametraxes, 28 documentais, 8 longametraxes, 32 programas de TV, 5 series de TV, 14 series web e 27 videoclips.

Presentáronse 475 candidaturas nas categorías profesionais das que 292 (60%) corresponderon a homes e 183 (40%) a mulleres.

Candidaturas aos XX Premios Mestre Mateo.