O prazo de inscrición de obras e profesionais para participar nos XX Premios Mestre Mateo estará aberto de hoxe, 14 de outubro de 2021 ata o 5 de novembro ás 14:00 horas

Esta edición presenta unhas bases renovadas, atendendo ás demandas do sector e aos novos hábitos de consumo dos espectadores. Estas son algunhas das novidades máis salientables:

  • Poderán participar aquelas obras que tiveran a súa primeira comunicación pública entre o 1 de decembro de 2020 e o 30 de novembro de 2021. 
  • Nas categorías de Mellor Programa e Mellor Comunicador/a elimínase a referencia á televisión.
  • Por vez primeira, poderán participar na categoría de Mellor Comunicador/a calquera profesional que comunica un contido en vídeo e o distribúe por Internet, asi como os intérpretes que aparecen en programas.
  • Rebáixase a cota de inscrición nas categorías de curtametraxe de imaxe real, curtametraxe de animación, serie web e videoclip a 15,00 euros polo primeiro traballo presentado.
  • Sempre que se presenten, como mínimo, tres longametraxes de imaxe real e dúas de animación, abriranse as categorías de Mellor Longametraxe e Mellor Longametraxe de Animación.

Podedes consultar nesta ligazón as bases completas, coas modificacións da presente edición resaltadas. Recomendámosvos que as leades con atención. En caso de dúbidas ou consultas, podedes poñervos en contacto coas persoas que xestionan as inscricións no correo premios@academiagalegadoaudiovisual.gal ou no teléfono 981 227 701, de luns a venres de 9:00 a 16:00. 

Enlaces de interese: os Mestre Mateo na web da Academia | Bases | Inscrición