
Gonzalo Suárez: “O mellor que lle podería pasar ao festival e eliminar a palabra inclusivo da súa denominación.”
Facer visible o invisible, ese é o lema do VIIFF - Festival de Cine Inclusivo de Vigo, un evento que naceu o ano 2016 coa vontade de sensiblizar sobre a inclusión na nosa sociedade, en distintos ámbitos, e para derrubar as distintas barreiras que dificultan o acceso do público ao audiovisual. Falamos co noso asociado Gonzalo Suárez, responsable do VIIFF xunto con Teresa Barberena, sobre esta cita que acaba de entrar a formar parte de Proxecta, a coordinadora de festivais de Galicia e que, a pesar das limitacións debidas á crise sanitaria, seguiu medrando en contidos e repercusión “temos a sorte de que o Festival suscitou moito interese desde a súa primeira edición, contando cun público asiduo e nesta edición non nos abandonou malia a situación sanitaria. Ademais, ano tras ano, gañamos novos públicos”. Un bo indicador deste interese é que todos os anos hai algunha sesión que ten que colgar o cartel de “non hai billetes”, incluída nesta edición

Os festivais de cinema galegos regresan logo dos adiamentos causados pola crise da COVID-19
Logo duns meses moi estraños e dramáticos, chegan agrupados nesta segunda parte de 2020 os festivais de cinema que normalmente atopamos espallados ao longo de todo o ano. O punto de partida márcao a MICE, Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego, que dá comezo este martes día 25 de agosto en Santiago de Compostela. A casualidade fai que tamén fora o primeiro dos festivais cinematográficos galegos que, ao igual que Play-Doc, (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico e Carballo Interplay, tivera que adiar a súa estrea, prevista neste caso para o 23 de marzo. Estes cambios non serán só de datas, xa que as novas circunstancias obrigan aos festivais a reformular en gran medida as súas propostas iniciais. Coloquio na MICE 2019 Cunha data de inicio tan próxima á declaración do estado de alarma, os contidos da MICE xa estaban moi avanzados e parte deles difundidos. Para Ana Estévez, directora da mosta, "a presión non veu tanto do feito

A Academia presenta a base de datos dos festivais audiovisuais galegos
A Academia Galega do Audiovisual presenta a base de datos con tódalas mostras de audiovisual que se celebran en Galicia para dar a coñecer ao público tódalas convocatorias festivaleiras existentes no país. O directorio, resultado das reunións mantidas entre festivais e a Academia durante 2015 e da que naceu a Coordinadora de Festivais de Cine de Galicia, recolle os nomes, datas, imaxe e enderezo de contacto dos mesmos. Está aloxado na web da asociación para a consulta pública. Deixámosvos o enlace para que lle botedes unha ollada e comecedes a anotar na
Os Mestre Mateo proxéctanse na Gran Mazá
As longas finalistas nos XIV Premios Mestre Mateo chegan a Nova Iork nesta semana a través da segunda edición do Galician Cinema & Food Festival (CG&FF). Dende hoxe ata o xoves día 23, "As altas presións", "Lobos sucios", "A praia dos afogados" e "O descoñecido" proxectaranse no Instituto Cervantes da cidade. Esta última película, que se fixo con doce Mestre Mateo na pasada edición, contará coa representación do seu montador Jorge Coira para un coloquio co público asistente despois da proxección, así como para exercer de embaixador da marca "Galicia" neste festival. O festival abarca tamén o seu programa cinematográfico coa reunión de cineastas hispanos e americanos, e complétase cunha degustación de gastronomía galega. Calendario de proxeccións Luns, 20 de xuño, 19.00h: "A praia dos afogados", de Gerardo Herrero Martes, 21 de xuño, 19.00h: "Lobos sucios", de Simón Casal de Miguel Mércores, 22 de xuño, 19.00h: "Las altas

Primeiros pasos para a creación dunha coordinadora de festivais audiovisuais galegos
Preto de vinte responsables de festivais audiovisuais galegos, convocados pola Academia Galega do Audiovisual, acordaron onte en Santiago crear unha coordinadora que lle dea maior visibilidade aos festivais que se están a realizar en Galicia. Os directores presentes na xuntanza apoiaron a creación dun calendario común de festivais. Tamén valoraron a importancia de prestarse apoio técnico e xurídico, e de constituírense como unha única voz ante as administracións. A nova coordinadora servirá para que os distintos certames aproveiten sinerxias, compartan experiencias e se reforcen