As longas finalistas nos XIV Premios Mestre Mateo chegan a Nova Iork nesta semana a través da segunda edición do Galician Cinema & Food Festival (CG&FF). Dende hoxe ata o xoves día 23, “As altas presións”, “Lobos sucios”, “A praia dos afogados” e “O descoñecido” proxectaranse no Instituto Cervantes da cidade.

Esta última película, que se fixo con doce Mestre Mateo na pasada edición, contará coa representación do seu montador Jorge Coira para un coloquio co público asistente despois da proxección, así como para exercer de embaixador da marca “Galicia” neste festival.

O festival abarca tamén o seu programa cinematográfico coa reunión de cineastas hispanos e americanos, e complétase cunha degustación de gastronomía galega.

 

Calendario de proxeccións

Luns, 20 de xuño, 19.00h: “A praia dos afogados”, de Gerardo Herrero

Martes, 21 de xuño, 19.00h: “Lobos sucios”, de Simón Casal de Miguel

Mércores, 22 de xuño, 19.00h: “Las altas presiones”, de Ángel Santos

Xoves, 23 de xuño, 18.00h: “O descoñecido”, de Dani de la Torre

 

Máis información sobre as proxeccións na web do festival.