A Academia Galega do Audiovisual presenta a base de datos con tódalas mostras de audiovisual que se celebran en Galicia para dar a coñecer ao público tódalas convocatorias festivaleiras existentes no país.

O directorio, resultado das reunións mantidas entre festivais e a Academia durante 2015 e da que naceu a Coordinadora de Festivais de Cine de Galicia, recolle os nomes, datas, imaxe e enderezo de contacto dos mesmos. Está aloxado na web da asociación para a consulta pública.

Deixámosvos o enlace para que lle botedes unha ollada e comecedes a anotar na axenda!