Sesión informativa sobre acreditación de competencias para o sector audiovisual

O vindeiro venres 22 de abril ás 19:30 horas terá lugar unha presentación do proceso de acreditación de competencias para profesionais do sector audiovisual, na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña.  Ángel Cordero e Juan Bellón, docentes do CIPF de Imaxe e Son da Coruña, explicarán a acreditación de competencias, un procedemento que sirve para recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais. O acto está aberto a aquelas persoas que desexen acreditar a súa experiencia, para poder obter titulacións oficiais das competencias profesionais que lles correspondan como froito da súa traxectoria laboral dentro do sector audiovisual.  A acreditación de unidades de competencia realízase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes.  Organizada pola Academia Galega do Audiovisual, en colaboración coa Asociación Ánimas Anóminas e a CIPF de

As actividades da Academia xeran máis de dous millóns de euros de valor publicitario

Os Premios Mestre Mateo deixaron un retorno económico directo na cidade de mais de 250.000 € .Mais de 3.000 espectadores pasaron pola Semana do Cinema Galego. A Coruña, 6 de abril de 2022 | O primeiro trimestre do ano deixa datos para o optimismo sobre a saúde do audiovisual galego, como son os máis de dous millóns de euros de valor publicitario acadados polas actividades levadas a cabo pola Academia Galega do Audiovisual desde os inicios deste 2022.  A iniciativa máis popular e lonxeva de cantas celebra a Academia, os Premios Mestre Mateo, celebraron a súa vixésima edición e obtiveron unha notable repercusión en medios de comunicación galegos e estatais, chegando a unha audiencia de máis de 800.000 persoas, cun valor publicitario de 1.638.315 €, o que representa un incremento do 55% con respecto ao obtido na edición anterior.  “O evento cultural galego máis importante da historia de Expocoruña”, en palabras da directora do recinto Pilar

A Academia Galega do Audiovisual participa en Málaga no V Encontro de Academias de Cine da Península Ibérica

Durante o pasado Festival de Málaga, a Academia Galega do Audiovisual participou no V Encontro de Academias de Cine da Península Ibérica, no que tamén participaron representantes da Academia del Cine Aragonés, a Acadèmia del Cinema Català, a Academia del Cine Asturiano e a Acadèmia Valenciana de l’Audiovisual, actuando como anfitrioa a Academia de Cine de Andalucía.Esta iniciativa, que arrancaba na Coruña en 2017 impulsada pola Academia Galega do Audiovisual, ten como obxectivo o intercambio de experiencias o establecemento de sinerxias para o fortalecemento da cinematografía en cada territorio, ademais do fomento dos debates sobre o presente e o futuro da profesión. Málaga recollía así o testigo de A Coruña, Zaragoza, Valencia e Barcelona, anfitrioas das catro edicións anteriores. As participantes defenden que a aportación creativa xurdida desde os distintos territorios, non só é necesaria para o bo funcionamento do audiovisual dos mesmos, e da diversidade

Preséntase o Comité Asesor da Ourense Film Commission, do que forma parte a Academia Galega do Audiovisual

A Academia Galega do Audiovisual, na persoa do seu director, Miguel Mariño, participou onte na reunión constitutiva do Comité Asesor da Ourense Film Commission, un órgano integrado por representantes do sector audiovisual galego e da Deputación de Ourense, que nace para apoiar ás producións na loxística necesaria para desenvolver o seu traballo en territorio ourensán. Manuel Baltar, presidente da Deputación, afirmou durante o acto que o propósito fundamental da Ourense Film Commission é que “o retorno económico e cultural para Ourense do seu vencello co cinema siga dando pasos firmes no futuro" e amosouse satisfeito por unha iniciativa que fortalece “un audiovisual que tanto éxito ten amosado ao longo das décadas, dando a razón a aqueles que abriron aquí salas de cine e que comezaron a rodar e escribir cine aquí". O Comité Asesor da Ourense Film Commission está formado por Manuel Baltar na presidencia, Miguel Anxo Fernández na vicepresidencia, Aurelio

Hierro, Jacinto e Tres vencen na XX edición dos Premios Mestre Mateo

A serie dirixida por Jorge Coira obtivo 6 premios Mestre Mateo.Jacinto, dirixida por Javi Camino, gañou 4, entre eles o de mellor actor para o lembrado Pedro Brandariz. Margarita Ledo recolleu o Premio de Honra Fernando Rey en recoñecemento á súa intensa e prolífica traxectoria.  A Academia Galega do Audiovisual celebrou onte a gala de entrega de premios do vixésimo aniversario dos Mestre Mateo, nun evento celebrado no recinto de Expocoruña no que Hierro resultou a máis premiada  con 6 galardóns e o filme Jacinto obtivo 4 premios, entre eles o de mellor actor para o lembrado actor Pedro Brandariz. Ler máis aquí.

#DigochoEu, o videoclip Figa de Tanxugueiras e o documental O Gran Camiño, premiadas no Encontro de Finalistas dos Mestre Mateo

Despois dun ano de parón pola crise sanitaria, o venres 4 de marzo tivo lugar o tradicional encontro de finalistas dos Premios Mestre Mateo. Unha cita que se celebrou no Nordés Club Empresarial da Coruña. Durante o acto entregáronse tres galardóns que, en palabras de Óscar Cruz, membro da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual, recoñecen alén das cualidades técnicas e artísticas, “outras que tamén son intrínsecas ao noso sector e van máis aló do que coñecemos por audiovisual”. Ler máis.

As películas finalistas dos Premios Mestre Mateo viaxarán ás Comunidades Galegas do exterior

2 de marzo de 2022 | Esta mañá anunciouse que o Ciclo Mestre Mateo viaxará ás Comunidades Galegas do exterior, en virtude da colaboración entre a Academia Galega do Audiovisual e a Secretaría Xeral da Emigración. Na rolda de prensa estiveron presentes Antonio Rodríguez Miranda, Secretario Xeral da Emigración; Jacobo Sutil, director da AGADIC e Álvaro Pérez Becerra, presidente da Academia Galega do Audiovisual. Tamén interviñeron por videoconferencia persoas representantes dos centros galegos no exterior.  O Ciclo Mestre Mateo é unha iniciativa que proxectará con periodicidade mensual as finalistas dos Mestre Mateo en concellos de toda Galicia aos que, a partir de agora, se unirán os centros galegos de Berlín, Bos Aires, Caracas, Londres, Madrid, Montevideo, Sevilla e Tarragona. Ler máis. Fotografía: Secretaría Xeral da

Margarita Ledo “unha traxectoria ten tantas resonancias biográficas, intelectuais e emocionais que con elas construiría un memorial”

Falar de Margarita Ledo é falar de independencia, de compromiso e dunha traxectoria de referencia no audiovisual e a cultura. A Academia Galega do Audiovisual decidiu homenaxeala co Premio de Honra Fernando Rey de 2022, un premio que se suma a outros recoñecementos como o  Premio Nacional da Cultura Galega (2008), o Premio Otero Pedrayo (2017), a homenaxe a toda unha vida de investigación en comunicación da Asociación Española de Investigación da Comunicación no VII Congreso Internacional da AE-IC, o Premio do Festival de Cine Europeo de Sevilla pola dirección de Nación (2020) ou o Mestre Mateo ao Mellor documental pola mesma película. A Academia quixo recoñecerlle fitos como “ impulsar a creación da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e  alumear as vocacións de varias xeracións de galegas e galegos desde o seu posto como profesora catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade. Por contribuír á posta en marcha de iniciativas tan

Margarita Ledo Premio de Honra da Academia Galega do Audiovisual

Esta mañá anunciamos que Margarita Ledo é a persoa receptora do Premio de Honra Fernando Rey 2022 que outorga a Academia Galega do Audiovisual, no marco dunha recepción institucional por parte de Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e Jacobo Sutil, director da AGADIC, a unha representación da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual integrada polo presidente Álvaro Pérez Becerra, a vicepresidenta Sonia Méndez e as vogais  Ana Míguez e Carmen Méndez. Ler máis aquí.

Coñece ás finalistas dos #XXMestreMateo

10 de febreiro de 2022 | Alba Mancebo, Beatriz Serén, Esther Estévez, Luis Iglesia e María Costas desvelaron esta mañá as candidaturas finalistas dos XX Premios Mestre Mateo desde o showroom de Cafés Candelas, en Lugo. Máis información,