Inauguración da exposición ‘Un retrato ben merecido’

17 / 11 / 2022

Ourense, 16 de novembro de 2022 | O Centro Cultural Marcos Valcárcel alberga Un retrato ben merecido, unha mostra que conmemora o vixésimo aniversario da fundación da Academia Galega do Audiovisual, con retratos do fotógrafo Aigi Boga e comisariada pola xornalista María Yáñez. A exposición poderá visitarse no Centro Cultural Marcos Valcárcel ata o 11 de decembro de 2022. 

Exposición Un retrato ben merecido

A cámara de Aigi Boga retratou a Sara Horta, Brais Romero, Lorena Vilas, Sandra Sánchez, Susana Veira, Marga Pazos, Lucía Catoira, Nani García, Marisela Lens, Tomás Conde, Virginia Curiá, Lorena Vilas, Antonio Pereira, Jorge Coira, Melania Cruz, Milo Baños, Tito Asorey, Alba Gallego, Pablo Lamosa, María Vázquez, Marcos Nine e David Machado. Vinte académicas e académicos que compoñen unha serie de vinte fotografías en gran formato que quere constituír unha homenaxe ás e os profesionais que, ao longo de vinte anos, teñen contribuído a enriquecer a vida da Academia. 

A mostra complétase coa proxección dun vídeo con testemuñas das persoas retratadas, que fía un percorrido por dúas décadas de historia do audiovisual, ao tempo que visibiliza o traballo das distintas familias profesionais que conforman a Academia. Tamén se exhiben os distintos trofeos cos que a Academia premia iniciativas relacionadas co sector audiovisual. 

Categoría: Novas
Etiquetas: