Ábrese o prazo de inscrición para os XX Premios Mestre Mateo

O prazo de inscrición de obras e profesionais para participar nos XX Premios Mestre Mateo estará aberto de hoxe, 14 de outubro de 2021 ata o 5 de novembro ás 14:00 horas.  Esta edición presenta unhas bases renovadas, atendendo ás demandas do sector e aos novos hábitos de consumo dos espectadores. Estas son algunhas das novidades máis salientables: Poderán participar aquelas obras que tiveran a súa primeira comunicación pública entre o 1 de decembro de 2020 e o 30 de novembro de 2021.  Nas categorías de Mellor Programa e Mellor Comunicador/a elimínase a referencia á televisión.Por vez primeira, poderán participar na categoría de Mellor Comunicador/a calquera profesional que comunica un contido en vídeo e o distribúe por Internet, asi como os intérpretes que aparecen en programas. Rebáixase a cota de inscrición nas categorías de curtametraxe de imaxe real, curtametraxe de animación, serie web e videoclip a 15,00 euros polo primeiro traballo

Marian Sande: “Ser subtituladora é unha profesión que namora”

Desde o seu estudio na Estrada, Marián Sande encárgase da tradución e subtitulación de moitos dos contidos audiovisuais que chegan aos nosos fogares. Falamos con ela durante a celebración do festival Curtocircuíto, unha cita que marca os seus comezos como profesional “supuxo a miña toma de contacto coa tradución audiovisual, daquela xa podes imaxinar o que significa para min”.  Falamos sobre a importancia dos servizos de tradución e subtitulación para facer un audiovisual máis accesible e das particularidades que hai que ter en conta para adicarse a esta profesión.  O traballo de tradución audiovisual e subtitulación non é moi coñecido, nin sequera dentro das persoas que se adican ao sector audiovisual. Por que decidiches traballar neste eido? Sempre me tirou o sector audiovisual na súa parte máis artística. Fixen moitos cursos de dobraxe, incluso traballei unha tempada facendo papeis extra. Tamén aparezo nalgunha curta como figuración

Día do Cine Español

Hoxe celébrase o 50 aniversario do final da produción do filme Esa pareja feliz (1951), ópera prima de Juan Antonio Bardem e Luis García Berlanga protagonizada por Elvira Quintillá e Fernando Fernán Gómez. Rodada en Madrid e estreada o 31 de agosto de 1953, simboliza a unha das máis brillantes xeracións de cineastas e intérpretes do noso país. Conmemorando esa efemérede, o pasado 9 de marzo o Consello de Ministros acordou instaurar hoxe, 6 de outubro, o Día do Cine Español, como unha maneira colectiva de reivindicar o peso e a importancia cine como patrimonio cultural, así como a trascendencia decisiva que ten na creación da nosa identidade e imaxinario común.   "Desde todos os lugares. Con todas as voces. En todas as linguas. Feliz Día do Cine!”Álvaro Pérez Becerra, presidente da Academia Galega do Audiovisual Desde a Academia Galega do Audiovisual queremos sumarnos a esta celebración, como recollen as palabras do noso presidente, Álvaro

Beli Martínez: “A miña idea dende o comezo foi producir filmes cunha clara vontade autoral”

A nosa asociada Beli Martínez recibirá mañá o premio Chano Piñeiro na XXVI edición do Ourense Film Festival (OUFF), un galardón instituído este ano para “recoñecer ás persoas emprendedoras do audiovisual galego, que sacan adiante os seus proxectos, en ocasións. á marxe da industria estandarizada”. Repasamos con ela o seu traballo á fronte de Filmika Galaika, desde os inicios ata as películas que este ano a están levando a visitar os festivais de cinema máis importantes do mundo.  Que sentiches cando che comunicaron este recoñecemento?  O primeiro foi sorpresa porque este é o primeiro premio que recibo a título persoal. Normalmente este tipo de galardóns dáse a directores, actores, etc ,é dicir, aqueles membros dos equipos cunha maior visibilidade. O meu traballo é bastante invisible e bastante duro polo que calquera recoñecemento sempre é benvido e de agradecer. Por outra banda, sempre recordo un vídeo que circula na rede no que Chano

Carlos Roma: “Entreter non é doado”

Esta noite chega á Televisión de Galicia Os mellores da clase un programa no que dúas persoas famosas revivirán experiencias da súa época de estudos e competirán para acadar o título que dá nome ao programa, coa axuda dalgúns compañeiros dese tempo.  Trátase da primeira incursión na dirección do noso asociado Carlos Roma, con quen tivemos a oportunidade de conversar sobre este novo espazo e tamén repasar a súa extensa traxectoria diante das cámaras.Os mellores da clase combina talk show e concurso. Que podemos esperar deste novo formato? Unha reivindicación do xénero do entretemento, que últimamente anda moi menosprezado. Coa chegada das plataformas de streaming, fálase dunha época dourada, pero só se refire á ficción. Entreter non é doado, cando queres conxugar diversión e contidos culturais, e por ahí van os tiros con Os mellores da clase. Trátase dunha volta aos grandes shows onde vas botar unhas risas e, xa de paso, aprender un par de

Alfonso Agra: “Penso que están confundidos os que cren que coas plataformas hai futuro asegurado”

O FICBueu recoñece a Alfonso Agra co Premio Cinema Galego, un galardón á súa extensa traxectoria iniciada, alá polos anos 80, da man da compañía teatral Artello. Falamos co actor arzuán sobre este premio e repasamos unha vida dedicada á interpretación.  Que se sinte ao recibir un premio a toda unha traxectoria profesional? Unha enorme alegría, especialmente tendo en conta que é o primeiro premio que recibo nos xa corenta anos que me levo adicando a esta excéntrica profesión, e tamén, por qué non dicilo, porque eu empecei a facer teatro naquela excepcional Compañía que foi Artello, no ano 79 ou 80, de casualidade, como un xogo. A diferenza dos demais, Ernesto Chao, Rosa Álvarez, Manuel Pombal, Morris, Santiago Montenegro e Rosa Hurtado, eu non pensaba que tivese moito futuro neste oficio de contar historias. Eles crían na profesión, eu estaba alí un pouco a ver que pasaba. Despois de todo este tempo quero pensar que algo de talento teño para actuar,

Sonia Méndez: “O Interplay é unha familia e esa é unha das cousas das que máis orgullosas nos sentimos”

En 2014 nacía, no corazón da Costa da Morte, un evento pioneiro. Tratábase do primeiro festival de webseries celebrado en España que, un ano máis tarde, se transformou en festival de contidos dixitais. Desde entón o Carballo Interplay é a cita de referencia para coñecer a actualidade dos contidos dixitais para profesionais e público, coa nosa asociada Sonia Méndez á fronte. Falamos con esta cineasta, actriz e vicepresidenta da xunta directiva da Academia para facer balance dunha oitava edición que deixou un pouso especial “sempre que remata unha edición penso que vai ser difícil superala, nesta edición pásame iso multiplicado por mil”. Despois da edición de 2020 celebrada de xeito virtual a causa das restricións impostas pola pandemia, tocaba volver a unha certa normalidade “creo que fixemos unha edición moi completa en varios niveis, en contidos e reforzando a Zona Pro”. Sonia Mé´ndez na VIII edición do Carballo Interplay. Cando o puxestes en

Carlos Prado Pampín: “Todos somos pequenos heroes ou viláns nas nosas vidas”.

O noso asociado Carlos Prado dirixe unha historia de dor, superación e loita, contada a partir dos ollos de Rosa, unha nai que ve como o seu fillo de dez anos resulta gravemente ferido nun accidente de tráfico. Ese fillo é Aarón González quen loita por converterse en campión de boxeo. Esa historia é Devolvendo o golpe, que chega ao festival Primavera do Cine de Vigo, onde terá lugar a súa estrea galega. Qué diferencia atopas entre este documental e outros que podan tratar a mesma temática?  Eu penso que o que fai diferente a Devolvendo o golpe é o enfoque, o fío condutor de todo: a nai de Aarón, Rosa. Ela é a co-protagonista, quen conta a historia porque a viviu moi de preto. Penso que isto lle dá un toque orixinal á temática de boxeo e á historia de superación. Aarón é un boxeador forte, botado para adiante, todo un campión, pero segue a ser tamén ese neno fráxil aos ollos da súa nai. Coido que ela lle dá un punto de tenrura á historia e fainos

125 anos da primeira proxección cinematográfica en Galicia

O 2 de setembro de 1896 o Teatro Circo da Coruña acollía a primeira proxección de cine en Galicia. Tratábase dunha sesión previa á exhibición pública que se celebrou o día seguinte. Como reseña o xornal El Telegrama “convidados galantemente polos señores Pedregal e Ramos, asistiron á noite varias autoridades e representantes da Prensa, con obxecto de presenciar unha exhibición previa das fermosas vistas do Cinematógrafo. Unha serie de fotografías instantáneas postas en movemento, ampliadas por unha poderosa lente e proxectadas sobre unha superficie branca, constitúen, en resumo, o mecanismo do Cinematógrafo”. O Teatro Circo, tamén coñecido como Teatro Coruñés, acollía principalmente actuacións líricas, pero estaba adaptado para a celebración de diversos espectáculos. A sesión inicial foi un éxito “todos os concorrentes quedaron compracidísimos da exhibición . Parabenizamos aos empresarios do espectáculo e augurámoslles un grande éxito,

Ester G. Mera: “ O máis sinxelo e real é falar das túas experiencias e daquelo que te apaixoa”

“Gústame o cinema, así que fago películas. Ás veces escribo sobre elas. Tamén fago fotos” así se define na súa web a nosa asociada Ester G. Mera. Se tivera que elixir “sen dúbida” quedaríase coa dirección, “é o que máis disfruto, dirixindo podo facer uso doutras das miñas paixóns, como poden ser a fotografía ou a escritura. Cando plantexo un proxecto inspírome moito en elementos visuais e tamén adoito ler sobre outras directoras para informarme sobre o seu método de traballo. Neste sentido, a dirección é indisociable da fotografía ou da crítica, pero tamén da música ou da pintura, no meu caso”. Os proxectos que dirixes teñen en común un universo visual moi persoal e moi recoñecible. Cales consideras que son as túas fontes de inspiración?  Aínda estou buscando o meu estilo en cada traballo que fago. Ao inicio rexeitaba a idea de falar dende o eu porque pensaba que era unha pulsión demasiado egocéntrica, pero co paso do tempo daste