
30 anos do CGAI e da Escola de Imaxe e Son da Coruña. Falamos con cinco xeracións de profesionais que medraron ao abeiro das dúas institucións
Carlos Amil, José María Rodríguez Armada “Chema”, Olga Osorio, Sara Horta e Alicia Alonso comparten connosco experiencias, reflexións e anécdotasEn 1991 nacían a Escola de Imaxe e Son (14 de febreiro) da Coruña e o CGAI-Filmoteca de Galicia (15 de marzo) Neste 2021 ten lugar o 30 aniversario de dúas institucións de referencia para entender o sector audiovisual en Galicia. O vindeiro 14 de febreiro a Escola de Imaxe e Son da Coruña, e o 15 de marzo o CGAI-Filmoteca de Galicia están de celebración. O primeiro, un centro de formación pioneiro polo que pasaron centos de profesionais; a outra, unha filmoteca dedicada á recuperación e custodia do patrimonio audiovisual e fotográfico galego e á programación de ciclos temáticos e proxeccións. Para conmemorar esta efeméride falamos con cinco persoas representantes das distintas xeracións que pasaron polas aulas da Escola e pola sala do CGAI para que compartan connosco experiencias, reflexións e anécdotas. Son

IV Premios María Luz Morales de ensaio sobre o audiovisual
Alba Gallego, Ester García Mera, Iván Villarmea e José Manuel López son os gañadores da cuarta edición dos Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual.Os premios están organizados pola Academia Galega do Audiovisual en colaboración coas catro deputacións provinciais.O xurado estivo formado pola docente e investigadora María Teresa Vilariño, a docente e investigadora María Soliña Barreiro e a xornalista Belén Regueira. A Academia Galega do Audiovisual celebrou o martes 29 de setembro no Pazo Provincial, sede da Deputación de Pontevedra, a cerimonia de entrega da cuarta edición dos premios María Luz Morales, que promoven a investigación científica no ámbito audiovisual, destacando cun galardón e 1.200 euros dous videoensaios e dous ensaios escritos, nunha iniciativa pioneira que conta coa participación das catro deputacións. O acto de entrega tivo nesta ocasión á Deputación de Pontevedra como anfitrioa, representada pola súa

Máis de 1.000 persoas seguen en directo o debate electoral organizado pola Academia Galega do Audiovisual.
O programa “O futuro do audiovisual a debate” foi retransmitido pola Academia en streaming a través da súa web e redes sociais. Ao longo das dúas horas que durou o debate, os diferentes representantes dos partidos políticos tiveron ocasión de explicar as súas propostas en materia de política audiovisual. As políticas da Xunta, o papel da CRTVG e a consideración do audiovisual como sector estratéxico foron os temas máis salientables sobre os que xirou a temática do encontro. Os cinco candidatos coincidiron na necesidade de revisar a Lei 6/1999 do Audiovisual de Galicia e na consideración do sector como estratéxico dentro da economía galega. Segundo Teresa Egerique, representante do Partido Popular de Galicia, a Xunta ten que ser unha canle para que o sector audiovisual siga medrando e traballar da man dos profesionais. En relación á reforma da Lei do Audiovisual de Galicia, avogou por un modelo conxunto con propostas de todos os partidos e incidiu no

III Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual
Sara Varela, Eire García, Pepe Coira e Xurxo González son os gañadores da terceira edición dos Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual, nunha edición na que tamén se recoñeceu con candanseu accésit o traballo de Irene Basanta, Denisse Lozano, Sara Donoso e Antón VarelaOs premios están organizados pola Academia Galega do Audiovisual en colaboración coas catro deputacións provinciaisO xurado estivo formado pola artista e docente Carme Nogueira, a investigadora Isabel Sempere e a xornalista Montse Dopico A Academia Galega do Audiovisual celebrou o mércores 3 de abril no Centro Cultural Marcos Valcárcel pertencente á Deputación da Ourense, a entrega de premios da terceira edición dos premios María Luz Morales, que promoven a investigación científica no ámbito audiovisual, destacando cun galardón e 1.200 euros dous videoensaios e dous ensaios escritos, nunha iniciativa pioneira que conta coa participación das catro deputacións.

O papel da muller no cinema e na televisión protagoniza os II Premios María Luz Morales de ensaio audiovisual
Lucía Estévez, Marcos Nine, Fernando Redondo e Denisse Lozano (que xa gañara na primeira edición) recolleron en Lugo os Premios María Luz Morales de investigación audiovisual, nun acto no que tamén se recoñeceu o traballo de Éire García Cid, Brais Romero e Sabela Rei, con cadanseu accésit Os premios, organizados pola Academia Galega do Audiovisual en colaboración coas catro deputacións, levan o nome dunha xornalista galega que foi a primeira directora dun xornal diario estatal e que exerceu como crítica, investigadora e colaboradora de producións audiovisuais A Academia Galega do Audiovisual entregou esta tarde na Deputación da Lugo os premios María Luz Morales, que promoven a investigación científica no ámbito audiovisual, destacando cun galardón e 1.200 euros dous videoensaios e dous ensaios escritos asinados por dúas novísimas investigadoras e máis dous investigadores galegos, nunha iniciativa pioneira que conta coa participación das Deputacións

A Academia pon en marcha os Premios María Luz Morales de investigación audiovisual
A Academia Galega do Audiovisual convoca os premios María Luz Morales para promover a investigación científica no ámbito audiovisual. Desde esta primeira edición, estes premios contarán con catro modalidades que atenderán traballos de videoensaio e ensaio escrito, de ámbito galego e internacional. Nesta iniciativa, a primeira destas características en Galicia, participan as catro deputacións galegas. No acto de presentación da primeira edición dos premios Mari Luz Morales, participaron os responsábeis das áreas de Cultura das Deputacións da Coruña, Pontevedra e Lugo, Goretti Sanmartín, Xosé Leal e Pilar García, o Concelleiro de Culturas da Coruña, José Manuel Sande e o Presidente e a Tesoureira da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares e María Yáñez. Na súa intervención, Carlos Ares, que deu grazas ás catro Deputacións por responder á chamada de colaboración da Academia, sinalou que os novos premios eran un “empeño da directiva” pola
Primeiros pasos do estudo da situación actual sobre a presenza e participación das mulleres no sector cultural
A Academia Galega do Audiovisual xunto coa Asociación de Actrices e Actores de Galicia, Escena Galega e a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas promoven, xunto coa Secretaría Xeral de Igualdade, un estudo da situación actual sobre a presenza e participación das mulleres no sector cultural, nomeadamente nas áreas profesionais do audiovisual e das artes escénicas, así como as condicións laborais e o acceso aos recursos entre homes e mulleres no sector. Deixámosvos toda a información sobre este compromiso publicada na páxina web da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de
Comunicado conxunto da AAAG, AGAG, CREA, OAG, AGAPI, AISGE e AGA sobre a situación do CGAI
Deixámosvos o comunicando conxunto da Asociación de Actrices e Actores de Galicia, Asociación de Guionistas de Galicia, da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, o Observatorio Audiovisual de Galicia, a Asociación Galega de Produtoras Independentes, AISGE e a Academia Galega do Audiovisual sobre a situación do Centro Galego das Artes da Imaxe. Desde hai 25 anos, en Galicia contamos cunha institución que naceu, entre outras cousas, para preservar e difundir o patrimonio audiovisual galego. Outros dos seus cometidos orixinais foron asumidos posteriormente por outros organismos. Pero da conservación do noso patrimonio audiovisual, que é un traballo dunha grande esixencia técnica, se non se ocupa o CGAI, quen se vai ocupar? A posibilidade, formulada ultimamente, de que o CGAI vexa aínda máis reducido o seu persoal conforma unha seria advertencia. Corremos o risco de desatender a tarefa de restaurar, conservar, catalogar e manter como ben

Vídeos do día da muller traballadora
Para conmemorar o Día Internacional da Muller, a Academia puxo en marcha a iniciativa #conAde, unha serie de conversas en vídeo entre mulleres que se adican profesionalmente ao audiovisual para facernos conscientes do lugar que ocupamos en materia de igualdade. Seis compañeiras participaron en tres vídeos, nós escoitamos: as actrices Pilar Pereira e Camila Bossa; Belém Brandido (rexedora de arte e produción) e Marta Villar (Directora de Arte); e as tamén actrices Sheyla Fariña e Sonia Castelo. Mulleres e traballadoras do audiovisual, charlando sobre o sector no que traballan e a realidade a que se enfrontan como profesionais por ser mulleres. Perdiches algún? Queres volver a ver o que nos contaron? Tedes tódolos vídeos na nosa canle de Youtube, e tamén vos deixamos as entrevistas completas a

“Antes o noso traballo era arranxar problemas, agora somos parte da produción” Isidro Jiménez, Supervisor e coordinador de VFX do grupo Telson
Isidro Jiménez falou coa Academia antes da segunda e última xornada do Foro Academia Aberta adicado aos efectos dixitais. Actualmente tres películas nas que participou están en cartel: Extinction, Ma Ma e El Desconocido. - Cales son as particularidades dos VFX en España? Agora mesmo quitando as superproducións absolutas de Hollywood tipo X-Men, os VFX en España son equiparables ao resto do mundo. Facemos o mesmo coas mesmas ferramentas pero con orzamentos ben diferentes. Se tivésemos que facer grandes producións poderíamos facelo, non teríamos a experiencia pero si as ferramentas e os medios. Os VFX en España non se distinguen dos de Francia, dos de Italia, dos de Alemaña… Estados Unidos é outra liga. O que diferencia son os orzamentos: o custe dunha peli en Hollywood é o orzamento total que temos para todo o cine español. - Como cambiou o teu traballo na última década? Antes case o 100% do noso traballo era arranxar problemas e fallos de rodaxe e non