Para conmemorar o Día Internacional da Muller, a Academia puxo en marcha a iniciativa #conAde, unha serie de conversas en vídeo entre mulleres que se adican profesionalmente ao audiovisual para facernos conscientes do lugar que ocupamos en materia de igualdade.

Seis compañeiras participaron en tres vídeos, nós escoitamos: as actrices Pilar Pereira e Camila Bossa; Belém Brandido (rexedora de arte e produción) e Marta Villar (Directora de Arte); e as tamén actrices Sheyla Fariña e Sonia Castelo. Mulleres e traballadoras do audiovisual, charlando sobre o sector no que traballan e a realidade a que se enfrontan como profesionais por ser mulleres.

Perdiches algún? Queres volver a ver o que nos contaron? Tedes tódolos vídeos na nosa canle de Youtube, e tamén vos deixamos as entrevistas completas a continuación.