Documentais e longas na Fundación Tic de Lugo

  Os Encontros Mestre Mateo fixeron parada na escola de imaxe e son da Fundación TIC, en Lugo. Na charla cos alumnos participaron os candidatos Antonio Caeiro de A volta dos nove, Marcos Nine director de A viaxe de Leslie e Jaione Camborda, candidata por guión en Os Fenómenos e pola dirección de arte en O ouro do tempo.  Na presentación da mesa redonda na que os tres candidatos falaron das súas experiencias coas obras aspirantes aos Mestre Mateo sumouse tamén o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro. O vindeiro luns continuarán os Encontros en Vigo, con dobre cita.  Na Escola de imaxe e son de Vigo e a EGACI participarán candidatos das candidaturas de spot publicitario e curtametraxe. Jairo Iglesias  por Todo vuelve a empezar,  Xacio Rodríguez Baño por  Ser e voltar,  Ángel Manzano por Tupper, J. A. Blanco  por Vendese. Baixo Prezo. Pouco uso, e  Luís Avilés por Unary. De tarde, o Encontro terá lugar no IES de Audiovisual

De que falamos cando falamos da dirección de produción, os Encontros Meste Mateo en Ourense

Na dirección de produción recaen un sinfín de responsabilidades. Son moitas, son variadas e mesmo poden ser sorprendentes. De algunhas delas falaron tres dos candidatos aos Premios Mestre Mateo na edición de 2015 nesta categoría. Xabier Eirís por Casa Manola,  Álex G. Loisa, axudante de Ángel Seoane, por Era visto!, e Toni Veiga por Schimbare, e candidatos falaron cos alumnos do centro de A Farixa, en Ourense, que conta con ensino de produción audiovisual e de espectáculos e foron presentados por Sara Valiño, que coordina este ciclo de

Os Mestre Mateo cos alumnos de O Raio Verde

A xira dos premios Mestre Mateo polos centros con ensino audiovisual atravesou O Raio Verde para falar sobre realización. Contaron as súas experiencias os candidatos nesta categoría nos galardóns do audiovisual galego. Marcos Estebo e Diego Guerreiro por Cos pes na terra; Óscar Galansky por Ribeiras, e Gael Herrera por Qué casas! Xunto aos catro realizadores, participou na charla cos alumnos do centro compostelán a súa directora, Carmen Rábade.       Marcos Estebo - Diego Guerrero - Óscar Galansky - Gael Herrera - Carmen

Encontros Mestre Mateo, o audiovisual galego explicado nas aulas

Noia, Santiago, Ourense, Lugo e Vigo son as poboacións polas que este ano viaxan os Encontros Mestre Mateo. Nun centro educativo de cada unha delas os profesionais do audiovisuais galego explicarán aos alumnos os pormenores dos traballos polos que son candidatos para os premios Mestre Mateo que se resolverán na gala do vindeiro mes de abril. A rolda de encontros cos alumnos comeza polo IES Virxe do Mar, en Noia. A charla terá como argumento central o traballo da Dirección de Fotografía. Falarán cos alumnos Alberte Branco, coñecido como Bertitxi, responsable deste traballo en Os fenómenos e os directores de fotografía de Angrois no esquecemento, Fran Piñeiro e Marcos Budiño. Luns, 16 de marzo. No centro O Raio Verde, de Santiago, falarase da realización. Participarán Diego Guerrero e Marcos Estebo, realizadores de Cos pés na terra, Gael Herrera, Que casas!, e Óscar Galansky, realizador de Ribeiras. Martes, 17 de marzo. A seguinte parada na xira de Encontros Mestre

As longametraxes para cine, favoritas nos Mestre Mateo 2015

  A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer os finalistas en cada unha das 25 categorías da edición dos Premios Mestre Mateo correspondente a 2015, edición que supón a décimoterceira nos galardóns dos premios do audiovisual galego. A primeira rolda de votacións dos académicos da AGA sitúa a A Esmorga como a máis votada entre as 111 pezas que participaban nesta primera votacións dos premios. A longametraxe suma 16 candidaturas, a seguir, figura a longametraxe Os Fenómenos que conta con 11 candidaturas. A terceira das obras máis votadas é a serie Serramoura que conta con 9 presenzas entre os finalistas. A longametraxe Schimbare está presente en 8 das categorías dos galardóns.   Nun acto celebrado no Auditorio Abanca, en Compostela, presentado pola actriz Mercedes Castro e polo actor Ricardo de Barreiro, a Academia Galega do Audiovisual deu conta de cada un dos nomes que competirán na rolda definitiva para coñecer aos gañadores dos Mestre

A primeira “final” dos Mestre Mateo 2015

Será o vindeiro martes, despois do mediodía, Mercedes Castro e Ricardo de Barreiro, darán a coñecer, un por un, os nomes de todos os finalistas dos premios Mestre Mateo na súa edición de 2015. Como sucedeu o pasado ano, será no auditorio de Abanca na rúa do Preguntoiro, en Santiago. Ata ese día, 111 obras conformaron o listado completo entre o que os integrantes da Academia Galega do Audiovisual puideron escoller as súas favoritas. Neste ano o proceso completouse por primeira vez vía web. Unha vez que se coñezan os finalistas comezará a rolda definitiva para escoller aos gañadores en cada unha das categorías dos premios do audiovisual galego. Acto de anuncio dos finalistas dos MM15 Lugar: auditorio Abanca, Rúa Preguntoiro, 23 - Santiago Día: Martes, 10 de marzo Hora:

111obras buscan un Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual vén de publicar a listaxe definitiva de candidatos que participarán nas 25 categorías da XIII edición dos Premios Mestre Mateo. A esta edición dos Premios Mestre Mateo optan un total de 111 obras estreadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014. Destas producións, 11 son longametraxes (3 das cales son de animación, 17 documentais, 5 series, 7 series web, 20 programas de televisión, 18 curtas, 16 anuncios publicitarios e 17 videoclips. Estas producións, así como os diferentes profesionais presentados, serán votados polos académicos e académicas nas vindeiras semanas para decidir os catro finalistas de cada categoría, que se anunciarán o vindeiro mes de marzo e que optarán a un Premio Mestre

O PRAZO DE INSCRICIÓN DE CANDIDATURAS PARA OS MESTRE MATEO AMPLÍASE ATA O 5 DE DECEMBRO

O prazo de inscrición de candidaturas para a XIII edición dos Premios Mestre Mateo amplíase ata o 5 de decembro tralas conclusións acadadas na última Asemblea Extraordinaria celebrada o pasado sábado. 

A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL CONSERVARÁ NOS MESTRE MATEO AS CATEGORÍAS DOS FORMATOS CURTOS E DEBATERÁ CO SECTOR A CREACIÓN DOUTROS GALARDÓNS PARA INCORPORAR NOVAS MIRADAS

A asemblea xeral extraordinaria e aberta que celebrou a Academia Galega do Audiovisual na mañá de hoxe decidiu reincorporar á vindeira edición dos premios Mestre Mateo as catro categorías de formatos curtos e máis a categoría de Dirección de produción, ao tempo que proporá un debate ao sector galego para a creación duns novos galardóns nos que atender a importancia das novas miradas e das novas linguaxes audiovisuais.

XIII Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual presenta unha nova edición, a XIII xa, dos Mestre Mateo.O prazo para presentar as obras estreadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso para concorrer aos Mestre Mateo, permanecerá aberto dende hoxe ata o venres, 28 de novembro.  Tódalas persoas que estean interesadas en participar ou desexen obter máis información poden dirixirse a premios@academiagalegadoaudiovisual.gal , ou aos teléfonos 981 208 393 e 981 227 701.