Xornada profesional con Eliseo Antunaga

Eliseo Altunaga Barrera (Cuba, 1941) guionista, consultor e escritor. Decano da Cátedra de Guión da Escola Internacional de Cine e Televisión de San Antonio de los Baños, Cuba. Licenciado en Lingua e Literatura Hispánicas pola Universidade da Habana e Profesor Titular Adxunto do Instituto Superior de Arte (ISA) da Universidade da Habana, Cuba.

Na súa extensa carreira como consultor de guión destacan os seguintes filmes: Unha Muller fantástica (2017), de Sebastián Lelio (Chile), Oso de Prata en 2017 ao mellor guión e Oscar en 2018 á Mellor Película de fala non inglesa; Non (2011) de Pablo Larraín (Chile) finalista como mellor película estranxeira en 2013 aos Oscar e premiada na Quincena dos Realizadores do festival de Cannes; Post Mortem (2010), dirixida por Pablo Larraín (Chile) seleccionada na Sección Oficial do Festival de Venecia en 2010. Machuca (2003), do director Andrés Wood (Chile), premiada como Mellor Película Iberoamericana e finalista nos Premios Goya á Mellor Película Estranxeira en 2005.

Como guionista, a súa obra máis prestixiosa internacionalmente é Violeta subiu aos ceos (2010) galardoada no Sundance Film Festival co Gran Premio Internacional do Xurado e finalista nos Oscar na categoría de Mellor Película en Lingua Estranxeira en 2012.


Data e lugar:
Sábado 11 de xuño de 11:00h a 14:00h.
Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010, A Coruña.

Inscrición:
A asistencia á xornada é gratuíta. Para participar é preciso enviar un correo a info@academiagalegadoaudiovisual.gal indicando: nome e apelidos, DNI e familia profesional (guión, producción, dirección…) á que pertence a persoa que desexa inscribirse.

O número de prazas dispoñibles é de 20, que se asignarán por orde de inscrición. Habilitarase unha listaxe de agarda unha vez estean cubertas.

Prazo:
O prazo de recepción de inscricións estará aberto do 1 ao 9 de xuño de 2022. O 10 de xuño enviarase un recordatorio ás persoas inscritas.


Programa:

Introducción:

  • O argumento: avaliación e análise desde o punto de vista de produción.
  • O relato, narración e diéxese desde a perspectiva de produción.

A estrutura:

  • Instrumentos para verificar os núcleos argumentais.
  • Revisión da estrutura sintagmática para visualizar a idoneidade da orde dos segmentos e sintagmas na narración.
  • O papel de sentido que xogan a orde, o tempo, o espazo e as relacións semánticas, sintácticas e rítmicas na construción do relato.

Estruturas narrativas:

  • Modelo clásico.
  • Arte e ensaio.
  • Asimilacionismo.
  • Falsa fragmentación.
  • Post Modernismo.

Estrutura Paradigmática.

  • O espectáculo.
  • A ruptura.
  • A refuncionalización.

Construción do personaxe:

  • Verificar que o personaxe cumpra na narrativa clásica cos obxectivos da posterior narración.
  • Avaliación do personaxe dentro dun xénero concreto.
  • Variantes de acordo á idea de realización.
  • Revisión do personaje desde un punto de vista psicolóxico: un simulacro da persoa real ou pola contra, a mirada do personaxe como unidade psicolóxica e de acción.
  • A relación orgánica entre o personaxe e a estrutura do relato.

Elementos prácticos do argumento como ferramenta de produción:

  • As localizacións.
  • A luz.
  • Os personaxes.
  • O universo sonoro.
  • O xénero.
  • O vestiario.
  • O destinatario.
  • As posibilidades de produción.
  • O custo.

Organiza: Academia Galega do Audiovisual coa colaboración do Concello da Coruña