A Academia Galega do Audiovisual lanza unha oferta de emprego para diferentes postos de persoal técnico adscritos ao departamento de produción. Os perfís profesionais requeridos son: Xefatura de produción, Axudantía de produción e Auxiliar de produción.

A modalidade de contratación será por duración determinada a tempo completo. O período de contratación variará para cada un dos perfís solicitados dependendo do proxecto para o que sexa seleccionada a persoa candidata, pero que en ningún dos casos excederá os seis meses. Os períodos de contratación iniciaranse a principios de setembro de 2022 e extenderanse ata finais de abril de 2023.

As persoas interesadas na oferta deberán enviar un curriculo a producion@academiagalegadoaudiovisual.gal indicando o posto para o que optan.

prazo de recepción de candidaturas estará aberto dende o 30 de maio ata as 14:00h do venres 10 de xuño de 2022.

Descrición das ofertas de emprego | Documento de protección de datos