O guión é o documento base de toda obra cinematográfica e televisiva; é o contenedor de tódalas ideas, de tódalas palabras e de tódolos personaxes que posteriormente cobrarán vida. Dende a Academia achegámosvos os guións dos Mestre Mateo para que analicedes e leades as historias polas que son nomeados nesta categoría dos Premios Mestre Mateo.Por primeira vez, xs académicxs poderán ler o guión antes de emitir os seus votos na rolda final, o que pode axudar a escoller entre eles.

 

Finalistas na categoría de Mellor Guión:

O Descoñecido – Alberto Marini

Era Visto! – Carlos Ares, Xosé Castro e Andrés Mahía

Hospital Real - Carlos Portela e Lidia Fraga

Lobos Sucios – Paula Cons, Felipe Rodríguez, Noelia del Río e Carmen Abarca

Serramoura - Alberto Guntín, Víctor Serra e Xosé Morais