Coñecemos aos participantes nos Mestre Mateo
A Academia publica o listado definitivo de candidatos que participan nesta XIV edición dos Premios Mestre Mateo. Con isto, a vindeira semana abrirase o período de votacións para as socias e socios da Academia, quenes elixirán a través dos seus puntos os finalistas en cada categoría e que coñeceremos a mediados do mes de marzo.