Os Papeis da Academia xa están aquí

2 / 02 / 2016

A Academia publicou un novo número dos seus Papeis cheo de novidades. Nesta nova edición atoparédelos totalmente integrado na web para que se converta nunha ferramenta de uso e consulta de tódolos usuarios.

Entre os seus contidos atoparedes un estudo sobre a presenza e o traballo das mulleres no sector audiovisual galego e un informe sobre a situación da dobraxe en Galicia, ambos traballos firmados por Montse Dopico.

Ademais adicámoslle este número de “As Músicas da Academia” ao compositor Xavi Font, quen fixo unha escolma de 24 pezas dos seus traballos para cine, televisión e publicidade e agora podedes escoitar a través da nosa web. O director Mario Iglesias; a xornalista Belén Regueira; o director do programa “Disco Grande” de Radio 3, Julio Ruíz; e a súa irmá, Cristina Font, a través das súas palabras descúbrennos diferentes facetas e invítannos a coñecer un pouco máis a este galego de adopción.

Categoría: Novas
Etiquetas: