Aberto o prazo de inscrición para os premios Mestre Mateo

3 / 11 / 2016

A Academia Galega do Audiovisual abriu o prazo de inscripción para as obras que queiran participar nos premios Mestre Mateo do audiovisual galego. O prazo de inscripción permanecerá aberto desde hoxe ata o vindeiro 24 de novembro. Os premios Mestre Mateo repasarán toda a actividade audiovisual galega do ano 2016.

A apertura de inscripción nos premios é o primeiro paso dun proceso de selección que contará con dúas roldas de votacións, a primeira para escoller aos finalistas e a segunda para decidir aos gañadores en cada una das vintenove categorías dos premios.

Os premios Mestre Mateo adiantarán en case dous meses a súa celebración neste ano, pasando de finalizarse a finais de abril a celebrar a súa gala a principios do mes de marzo, nunha data por concretar. Este cambio obedece a celebrar os premios o máis próximos posibles ao ano que están xulgando e tamén adaptar mellor os Meste Mateo ao calendario de premios internacionais do audiovisual.

 

Enlace ás bases

Enlace ao formulario de inscrición

Etiquetas: