A Academia Galega do Audiovisual organiza unha clase maxistral teórico-práctica sobre a presentación de proxectos e unha charla con Paula Ortiz o vindeiro 18 de novembro de 16 a 21h na sala Numax.

Durante as catro primeiras horas terá lugar a masterclass sobre o pitch de proxectos nas que directora explicará os contidos e formas de plantexar a presentación de proxectos. Na segunda parte da clase realizarase un pitch en grupos de 2-3 persoas. Unha vez rematadas, de 20 a 21h concretamente, terá lugar unha charla con Ortiz que falará da súa experiencia e dos seus proxectos, entre os que se atopa o finalista nos Goya 2016 “La Novia”.

Máis información e inscricións: http://bit.ly/2eTDzcG