A Academia Galega do Audiovisual abriu esta mañá o prazo de inscripción para os XVII Premios Mestre Mateo, que recoñecerán as obras galegas estreadas no ano 2018 e os profesionais que traballaron nos seus distintos aspectos técnicos e creativos. As e os profesionais que queiran participar poden inscribir os seus traballos dende hoxe e ata o vindeiro 19 de novembro a través da web da Academia Galega do Audiovisual.

Aínda que non hai modificacións sustanciais con respecto ás bases do ano pasado, si que se incorporaron algúns pequenos cambios polo que vos recomendamos lelas atentamente e, se tedes algunha dúbida, por favor contactade coa oficina a través do mail premios@academiagalegadoaudiovisual.gal ou chamando aos teléfonos 981 227 701 e 981 208 393, de luns a xoves de 9.00 horas a 17.00 horas en horario ininterrompido, e os venres de 9 a 15.00 horas..

A apertura de inscrición é o primeiro paso dun proceso de selección que contará con dúas roldas de votacións, a primeira para escoller as obras finalistas e a segunda para decidir as gañadoras en cada una das vintenove categorías.

Enlaces de interese: os Mestre Mateo na web da Academia | Bases | Inscrición | Fotografías da pasada edición