XA HAI FINALISTAS PARA OS PREMIOS MESTRE MATEO 04

2 / 03 / 2005

Os socios da Academia Galega do Audiovisual nomearon xa ós finalistas para os Premios Mestre Mateo 04 que optarán a cada un dos premios das 25 categorías establecidas. Así o deron a coñecer hoxe na Rolda de Prensa celebrada en Vigo os membros da directiva da Academia, que estiveron acompañados polo director xeral de Comunicación Social e Audiovisual, Enrique Murga, o director da TVG Anxo Quintanilla, o director de Programas da TVG Carlos Carballo, e o avogado da Academia, Miguel Lorenzo. Por parte da mesma estiveron presentes o seu presidente Manolo Gómez, a xerente Mamen Quintas, e as membros da xunta directiva Marta Villar e Isabel Blanco. Ó acto asistíu tamén a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, tendo en conta que será nesta cidade onde se celebre a Gala de entrega dos Premios, o vindeiro día 20 de marzo.
XA HAI FINALISTAS PARA OS PREMIOS MESTRE MATEO 04

Mércores 2 de marzo 2005.- Os socios da Academia Galega do Audiovisual nomearon xa ós finalistas para os Premios Mestre Mateo 04 que optarán a cada un dos premios das 25 categorías establecidas. Así o deron a coñecer hoxe na Rolda de Prensa celebrada en Vigo os membros da directiva da Academia, que estiveron acompañados polo director xeral de Comunicación Social e Audiovisual, Enrique Murga, o director da TVG Anxo Quintanilla, o director de Programas da TVG Carlos Carballo, e o avogado da Academia, Miguel Lorenzo. Por parte da mesma estiveron presentes o seu presidente Manolo Gómez, a xerente Mamen Quintas, e as membros da xunta directiva Marta Villar e Isabel Blanco. Ó acto asistíu tamén a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, tendo en conta que será nesta cidade onde se celebre a Gala de entrega dos Premios, o vindeiro día 20 de marzo.

As longametraxes que quedaron finalistas son: A Vida que che espera, de Continental, TVG e Tornasol SL; La Promesa, de Pórtico de Comunicaciones, e O ano da carracha, de Filmanova S.L. As longametraxes-documental finalistas son Camino de Santiago. El Origen, de Adivina Producciones; Santa Liberdade, de Nós, Productora Cinematográfica Galega SL; Tres en el camino, de Filmanova S.L., e Un bosque de música, de Vía Láctea Filmes. En canto ó mellor programa de TV, quedaron como finalistas, Con C de Cultura, de TVG S.A., Desde Galicia para el mundo, de Pórtico de Comunicaciones S.L., Mercuria, de TVE en Galicia e Terras do Leste da Productora Faro Lérez S.L.. Ó premio de Mellor serie de TV, optan A catástrofe do Prestige, dous anos despois, do Centro Territorial de TVE en Galicia, As Leis de Celavella, de Voz Audiovisual S.A., Pratos Combinados, de Telecable Compostela S.A., e Terra de Miranda, de Voz Audiovisual. Os documentais finalistas son A outra Galicia, de Saga TV, Romasanta: historia certa do home lobo, de Formato Producciones S.L., Trawnco, reunidos junto al agua, de Adivina Producciones, e Tucho Bouza, el emperador del Bronx, de Filmanova S.L.

Ó premio de mellor producción interactiva optarán Arte en el camino, de Formato Producciones S.L., Evasión, do Máster en Creación y Comunicación Digital, Garrapatalapelícula.com, de Interacción CIM S.L., Página web de Vulcano, de Aaccentia Multimedia S.L., e Warhol, la cápsula del tiempo, do Máster en Creción y Comunicación Digital. Neste caso, por empate, hai cinco candidatos finalistas. En canto a Mellor Publicidade, quedaron finalistas Cabreiroá Única, de Aldea Films S.L., Deportivo, de Aldea Films S.L., Ratones R, de Aldea Films, e Spot Fadesa, de EAF Producciones. As curtametraxes de ficción finalistas son A teoría do espello, de Lorelei Produccións, La buena caligrafía, de Ciudadano Frame S.L., Lobos, de Saga TV, e Toxic Percebe, de LKF, EIS Vigo, Arcamaster.

As curtametraxes de animación finalistas son Animhombre, da Escola Galega de Cine , Producciones Vigo, El señor de los mosquis ,Los dos tarros, de Dygra Films S.L., Minotauromaquia, Pablo no labirinto, de IB Cinema, e Warhol, El regalo de Andy, do Máster en Creación y Comunicación Digital. Para recolle-lo premio á Mellor dirección de Producción, optan Alfonso Blanco, por As Leis de Celavella; Eduardo Santana por La Promesa; Susana Maceiras por Camino de Santiago. El Origen, e Xabier Eiría, por O ano da carracha. Á mellor Fotografía optan José Juan Graf, por O ano da carracha; Juan Carlos Gómez, por La Promesa; Suso Bello por Camino de Santiago. El Origen, e Xosé Manuel Neira, por As Leis de Celavella.

Á mellor maquillaxe e perruquería optan Estefanía Bello, por Camino de Santiago. El Origen; Raquel Fidalgo e María Barreiro por O ano da carracha; Rosana González e Leonor García por La Promesa, e Susana Veira e Erea Pérez por As Leis de Celavella. A mellor Deseño de Vestiario optan Eva Arretxe e Asunción Arretxe por La Promesa; Lola Dapena por Camino de Santiago. El origen; Marta Anta por O ano da carracha, e Ruth Díaz, por As Leis de Celavella. Os finalistas para a mellor dirección artística son Alexandra Fernández, por Camino de Santiago. El origen; Antonio Pereira por As Leis de Celavella; Félix Murcia por A vida que che espera, e Inés Rodríguez e Miki Nervio por Terra de Miranda. Á mellor montaxe optan Guillermo Represa por O ano da carracha; José Salcedo por A vida que che espera, Julia Juanatey e Icíar Novo por Terra de Miranda, e Nacho Ruíz Capillas por La Promesa. Ó mellor Son optan Alberto Beado por Camino de Santiago. El Origen; Carlos Mouriño por O ano da carracha; Nani García e Xabier Ferreiro por Un bosque de música, e Wildtrack por La Promesa.

Os finalistas para mellor Guión son Ángeles González Sinde e Manuel Gutiérrez Aragón por A vida que che espera; Carlos Portela por O ano da carracha; Che Che Carmona, Puri Seixido e Eligio R. Montero por As Leis de Celavella, e Héctor Carré por La Promesa. A mellor Banda Sonora optan Luar Na Lubre por Un bosque de música; Nani García por As Leis de Celavella; Suso Rey e Manuel Varela por La Promesa, e Xabier Capellas por A vida que che espera. Os finalistas á Mellor Dirección son Gerard Gormezano e Gustavo Baliza por As Leis de Celavella; Héctor Carré por La Promesa; Jorge Coira por O ano da carracha, e Manuel Gutiérrez Aragón por A vida que che espera. Á mellor realización optan Breogán Riveiro Vázquez, por Romasanta: historia certa do home lobo; Félix Fíaz por Dezine; Marisol Torreiro por Terras de Miranda e Ricardo Llovo por Con C de Cultura.

Enrique Banet por Senda Verde, María Xosé Arrojo por Con C de Cultura, Paola Rodríguez por Desde Galicia para el mundo e Yolanda Castaño Pereira por Mercuria, son os finalistas para o premio ó Mellor Comunicador/a. Os finalistas para a mellor Interpretación Masculina Protagonista son cinco, por empate: Alfonso Agra, por Terra de Miranda; Javier Veiga por O ano da carracha; Juan Diego por A vida que che espera; Luís Tosar por A vida que che espera, e Xosé Lois Bernal, Farruco; por Terra de Miranda. As aspirantes a recolle-lo premio á Mellor Interpretación Feminina protagonista son Carmen Maura, por La Promesa; María Vázquez por O ano da carracha; Marta Etura por A vida que che espera, e Verónica Sánchez por O ano da carracha.

Os actores que optan á Mellor Interpretación Masculina de Reparto son Chete Lera, por La Promesa; Celso Bugallo por A vida que che espera, Evaristo Calvo por La Promesa, e Luís Zahera por O ano da carracha. E as actrices que optan á Mellor Interpretación Feminina de reparto son Ana Fernández por La Promesa, Camila Bossa por O ano da carracha, Clara Lago por A vida que che espera, e María Bouzas, por Terra de Miranda.

Etiquetas: