A Academia Galega do Audiovisual dará a coñecer ós 4 finalistas de cada unha das 25 categorías establecidas nas bases dos Premios Mestre Mateo 04 a vindeira semana, o mércores día 2 de marzo, ás 12 do mediodía, na Rolda de Prensa que se celebrará en Vigo. Nela, darase lectura da Acta levantada polo Notario Ramón González Gómez, a través dos participantes na Rolda: Manolo Gómez, presidente da Academia, Corina Porro, Aldaldesa de Vigo, Nacho Varela, xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Anxo Quintanilla, director da TVG, Carlos Carballo, director de Programas da TVG, un representante de Caixanova, Marta Vilar, Isabel Blanco e Miguel Anxo Ferrnández, membros da Xunta Directiva da Academia; Mamen Quintas, xerente da Academia, e Miguel Lorenzo, avogado da mesma.
A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL CELEBRA O VENRES 4 DE MARZO A FESTA DOS NOMINADOS

Será o día 2 cando se dean a coñece-los finalistas dos Premios MM’04

Venres, 25 de febreiro de 2005.- A Academia Galega do Audiovisual dará a coñecer ós 4 finalistas de cada unha das 25 categorías establecidas nas bases dos Premios Mestre Mateo 04 a vindeira semana, o mércores día 2 de marzo, ás 12 do mediodía, na Rolda de Prensa que se celebrará en Vigo. Nela, darase lectura da Acta levantada polo Notario Ramón González Gómez, a través dos participantes na Rolda: Manolo Gómez, presidente da Academia, Corina Porro, Aldaldesa de Vigo, Nacho Varela, xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Anxo Quintanilla, director da TVG, Carlos Carballo, director de Programas da TVG, un representante de Caixanova, Marta Vilar, Isabel Blanco e Miguel Anxo Ferrnández, membros da Xunta Directiva da Academia; Mamen Quintas, xerente da Academia, e Miguel Lorenzo, avogado da mesma.

Unha vez coñecidos os finalistas, o seguinte venres día 4 de marzo, terá lugar tamén en Vigo a Festa dos Nominados que se celebra tódolos anos, previa á celebración da Gala de entrega dos MM’04. Será na Sala “Sete Mares” de Vigo, a partir das 20,30 horas da tarde.