OS NOMINADOS ÓS PREMIOS MESTRE MATEO 04 CELEBRAN MAÑÁ VENRES A SÚA FESTA EN VIGO

3 / 03 / 2005

Mañá venres día 4 de marzo, tódolos nominados ós Premios Mestre Mateo 04 teñen a súa festa, organizada pola Academia Galega do Audiovisual, ás 20,30 horas da tarde, na Sala Sete Mares de Vigo, na Travesía de Santiago nº 2. Á festa acudirán, ademais dos nominados e os finalistas dos Premios, numerosas persoalidades do mundo do audiovisual galego, empresas productoras, televisións e profesionais do sector. O concello de Vigo ofrece un viño e uns pinchos, como xentileza por ser nesa cidade onde teña lugar, o 20 de marzo, a entrega dos Premios. Lembramos que foron un total de 33 as productoras que presentaron distintos traballos (89 produccións en total) ós Premios, e máis de 100 os profesionais presentados e nominados.
OS NOMINADOS ÓS PREMIOS MESTRE MATEO 04 CELEBRAN MAÑÁ VENRES A SÚA FESTA EN VIGO

Será na Sala Sete Mares de Vigo a partir das 20,30 da tarde

Xoves 3 de marzo 2005.- Mañá venres día 4 de marzo, tódolos nominados ós Premios Mestre Mateo 04 teñen a súa festa, organizada pola Academia Galega do Audiovisual, ás 20,30 horas da tarde, na Sala Sete Mares de Vigo, na Travesía de Santiago nº 2. Á festa acudirán, ademais dos nominados e os finalistas dos Premios, numerosas persoalidades do mundo do audiovisual galego, empresas productoras, televisións e profesionais do sector. O concello de Vigo ofrece un viño e uns pinchos, como xentileza por ser nesa cidade onde teña lugar, o 20 de marzo, a entrega dos Premios. Lembramos que foron un total de 33 as productoras que presentaron distintos traballos (89 produccións en total) ós Premios, e máis de 100 os profesionais presentados e nominados.

Xa hai finalistas

Os socios da Academia Galega do Audiovisual nomearon xa ós finalistas para os Premios Mestre Mateo 04 que optarán a cada un dos premios das 25 categorías establecidas.

As longametraxes que quedaron finalistas son: A Vida que che espera, de Continental, TVG e Tornasol SL; La Promesa, de Pórtico de Comunicaciones, e O ano da carracha, de Filmanova S.L. As longametraxes-documental finalistas son Camino de Santiago. El Origen, de Adivina Producciones; Santa Liberdade, de Nós, Productora Cinematográfica Galega SL; Tres en el camino, de Filmanova S.L., e Un bosque de música, de Vía Láctea Filmes. En canto ó mellor programa de TV, quedaron como finalistas, Con C de Cultura, de TVG S.A., Desde Galicia para el mundo, de Pórtico de Comunicaciones S.L., Mercuria, de TVE en Galicia e Terras do Leste da Productora Faro Lérez S.L.. Ó premio de Mellor serie de TV, optan A catástrofe do Prestige, dous anos despois, do Centro Territorial de TVE en Galicia, As Leis de Celavella, de Voz Audiovisual S.A., Pratos Combinados, de Telecable Compostela S.A., e Terra de Miranda, de Voz Audiovisual. Os documentais finalistas son A outra Galicia, de Saga TV, Romasanta: historia certa do home lobo, de Formato Producciones S.L., Trawnco, reunidos junto al agua, de Adivina Producciones, e Tucho Bouza, el emperador del Bronx, de Filmanova S.L.

Ó premio de mellor producción interactiva optarán Arte en el camino, de Formato Producciones S.L., Evasión, do Máster en Creación y Comunicación Digital, Garrapatalapelícula.com, de Interacción CIM S.L., Página web de Vulcano, de Aaccentia Multimedia S.L., e Warhol, la cápsula del tiempo, do Máster en Creción y Comunicación Digital. Neste caso, por empate, hai cinco candidatos finalistas. En canto a Mellor Publicidade, quedaron finalistas Cabreiroá Única, de Aldea Films S.L., Deportivo, de Aldea Films S.L., Ratones R, de Aldea Films, e Spot Fadesa, de EAF Producciones. As curtametraxes de ficción finalistas son A teoría do espello, de Lorelei Producciones, La buena caligrafía, de Ciudadano Frame S.L., Lobos, de Saga TV, e Toxic Percebe, de LKF, EIS Vigo, Arcamaster.

As curtametraxes de animación finalistas son Animhombre, da Escola Galega de Cine, EIS Vigo, Producciones Vigo, El señor de los mosquis, Los dos tarros, de Dygra Films S.L., Minotauromaquia, Pablo no labirinto, de IB Cinema, e Warhol, El regalo de Andy, do Máster en Creación y Comunicación Digital. Para recolle-lo premio á Mellor dirección de Producción, optan Alfonso Blanco, por As Leis de Celavella; Eduardo Santana por La Promesa; Susana Maceiras por Camino de Santiago. El Origen, e Xabier Eiría, por O ano da carracha. Á mellor Fotografía optan José Juan Graf, por O ano da carracha; Juan Carlos Gómez, por La Promesa; Suso Bello por Camino de Santiago. El Origen, e Xosé Manuel Neira, por As Leis de Celavella.

Á mellor maquillaxe e perruquería optan Estefanía Bello, por Camino de Santiago. El Origen; Raquel Fidalgo e María Barreiro por O ano da carracha; Rosana González e Leonor García por La Promesa, e Susana Veira e Erea Pérez por As Leis de Celavella. A mellor Deseño de Vestiario optan Eva Arretxe e Asunción Arretxe por La Promesa; Lola Dapena por Camino de Santiago. El origen; Marta Anta por O ano da carracha, e Ruth Díaz, por As Leis de Celavella. Os finalistas para a mellor dirección artística son Alexandra Fernández, por Camino de Santiago. El origen; Antonio Pereira por As Leis de Celavella; Félix Murcia por A vida que che espera, e Inés Rodríguez e Miki Nervio por Terra de Miranda. Á mellor montaxe optan Guillermo Represa por O ano da carracha; José Salcedo por A vida que che espera, Julia Juanatey e Icíar Novo por Terra de Miranda, e Nacho Ruíz Capillas por La Promesa. Ó mellor Son optan Alberto Beado por Camino de Santiago. El Origen; Carlos Mouriño por O ano da carracha; Nani García e Xabier Ferreiro por Un bosque de música, e Wildtrack por La Promesa.

Os finalistas para mellor Guión son Ángeles González Sinde e Manuel Gutiérrez Aragón por A vida que che espera; Carlos Portela por O ano da carracha; Che Che Carmona, Puri Seixido e Eligio R. Montero por As Leis de Celavella, e Héctor Carré por La Promesa. A mellor Banda Sonora optan Luar Na Lubre por Un bosque de música; Nani García por As Leis de Celavella; Suso Rey e Manuel Varela por La Promesa, e Xabier Capellas por A vida que che espera. Os finalistas á Mellor Dirección son Gerard Gormezano e Gustavo Baliza por As Leis de Celavella; Héctor Carré por La Promesa; Jorge Coira por O ano da carracha, e Manuel Gutiérrez Aragón por A vida que che espera. Á mellor realización optan Breogán Riveiro Vázquez, por Romasanta: historia certa do home lobo; Félix Fíaz por Dezine; Marisol Torreiro por Terras de Miranda e Ricardo Llovo por Con C de Cultura.

Enrique Banet por Senda Verde, María Xosé Arrojo por Con C de Cultura, Paola Rodríguez por Desde Galicia para el mundo e Yolanda Castaño Pereira por Mercuria, son os finalistas para o premio ó Mellor Comunicador/a. Os finalistas para a mellor Interpretación Masculina Protagonista son cinco –por empate-: Alfonso Agra, por Terra de Miranda; Javier Veiga por O ano da carracha; Juan Diego por A vida que che espera; Luís Tosar por A vida que che espera, e Xosé Lois Bernal, Farruco, por Terra de Miranda. As aspirantes a recolle-lo premio á Mellor Interpretación Feminina protagonista son Carmen Maura, por La Promesa; María Vázquez por O ano da carracha; Marta Etura por A vida que che espera, e Verónica Sánchez por O ano da carracha.

Os actores que optan á Mellor Interpretación Masculina de Reparto son Chete Lera, por La Promesa; Celso Bugallo por A vida que che espera, Evaristo Calvo por La Promesa, e Luís Zahera por O ano da carracha. E as actrices que optan á Mellor Interpretación Feminina de reparto son Ana Fernández por La Promesa, Camila Bossa por O ano da carracha, Clara Lago por A vida que che espera, e María Bouzas, por Terra de Miranda.

Etiquetas: