PREESTREA DO DOCUMENTAL MILÍMETROS DE XES CHAPELA

9 / 12 / 2011

Este sábado 10 de decembro ás 18.00h no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) terá lugar a proxección de Milímetros, documental dirixida por Xes Chapela.

Pre estrea do documental MILÍMETROS, producido por Matriuska Producciones e dirixido por Xes Chapela.

Documental que indaga sobre a cinematografía, como evolución técnica e como código semántico, a partir do recente descubrimento de 29 rolos de película filmados principalmente en Galicia entre os anos 1926 e 1932, completamente inéditos e sen catalogar.
Música orixnal de Toño Cabanelas e Sergio M. Valdivieso.
Fotografía: Alfonso Domínguez. José Bellver (imaxes 1926-1932)
Montaxe: Ángel Santos, Xes Chapela, Nacho Limetre.
Coa participación de Chema Díaz.

Categoría: Novas
Etiquetas: