CREBINSKY CHEGA A PARÍS DA MAN DO FESTIVAL DE UN DÍA

12 / 12 / 2011

Dende fai algúns anos, o cine Majestic Passy 18 rue de Passy (París) acolle a manifestación Espagnolas en Passy que difunde o cine español preto do público parisino, baixo o apadriñamento particular da actriz Laura del Sol. Este luns, 12 de decembro nace un nov concepto co Festival de un día, que rematará ás 20h coa proxección da longametraxe Crebinsky (2011) de Enrique Otero, Violeta de oro da mellor película no Festival Cinespana 2011 en Toulouse. A proxección será seguida por un concerto por primeira vez en Francia de A banda Crebinsky (un universo poético e movido entre o gran Fellini e o Kusturica) seguido por un aperitivo galego.

Un festival organizado co Instituto Cervantes, Consorcio Audiovisual de Galicia e Instituto da Cinematografía e das  Artes Audiovisuais (ICAA) e coa colaboración do Circulo Cultural Galego De Paris (cicugapa) e España en París  coa entregada dun premio Cine +, á película única do Festival de Día.

O resto do programa:

Un encontro cos universitarios parisinos a partir das 11h 30 no centro de Estudios galegos de París, con entrada libre e coa presenza do equipo desta película, o realizador Enrique Otero e o actor e guionista Miguel de Lira que estarán  presentes ao longo deste festival dun día.

Un encontro coa prensa e profesionais ao redor das perspectivas do cine español ás  17h 00 no Instituto Cervantes; presentación do catálogo da produción galega 2012, debate cos responsables dos festivais de cine español de Nantes, Cinespaña de Toulouse e Ciné Horizontes de Marsella.

O prezo para o cine é de 10 euros e inclúe unha homenaxe ao festival Cinespaña de Toulouse, honrado pola Academia das Ciencias e das Artes Cinematográficas de España o premio González-Sinde 2011 polo seu traballo dende faio 15 anos a favor da difusión de cine español.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: