APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN DE CANDIDATURAS PARA OS XVI PREMIOS DE TEATRO MARÍA CASARES

12 / 12 / 2011

Estase preparando a XVI edición dos Premios de Teatro María Casares, que se entregarán coma é habitual o 3 de abril de 2012 no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, coa apertura do prazo de recepción de candidaturas.

Poderán participar todos os espectáculos de teatro de actor en lingua galega estreados entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 31 de decembro de 2011.

As inscricións realizaranse a través da páxina web da AAAG no enderezo http://aaag.es/?page_id=3063 cubrindo o formulario dispoñible a partir do 2 de Decembro de 2011. Na sección descargas tedes as bases que rexen a convocatoria e o formulario de inscrición tamén en formato word.

Hai un enderezo de correo electrónico para calquera consulta que queirades facer: premiosmariacasares@aaag.es ou ben podedes poñervos en contacto ca oficina da Asociación no 981593829 en horario de 10.00 h a 15.00 h. O  prazo límite para  a inscrición e envío de materiais remata o vindeiro 2 xaneiro de 2012 ás 15.00 h.

Categoría: Novas
Etiquetas: