
Anuario 2013-2014
Calquera diría que non foi moito o tempo que pasou, sen embargo este será xa o cuarto anuario da presente directiva. O cuarto e, polo tanto, último para a maioría dos que formamos esta xunta. Hai catro anos sabiamos perfectamente que, desde logo, non ía ser este o mellor momento para poñerse á fronte da Academia Galega do Audiovisual. Máis alá de intentar manternos e procurar sobrevivir nun sector no que cremos e para o que, humildemente pensamos, os profesionais da nosa terra están sobradamente preparados, tratábase de conseguir da mellor maneira posible non dar un paso atrás. Se o demos ou non, serán o tempo e as distintas análises que no seu día se fagan, quen o xulgue; pero se calquera día, somos conscientes de que todo o que o audiovisual galego conseguiu en uns poucos anos se perdeu en alguns menos, alguén deberá facer constar onde sexa e ante quen sexa, que os culpables teranse que buscar moi lonxe do lugar que os profesionais do audiovisual galego ocupan, ou

Anuario 2012-2013
Máis alá das frases feitas, nesta xunta directiva sabiamos que os tempos eran malos e que, dificilmente, todo ía ser suceptible de mellorar. Aínda así, sentímonos especialmente satisfeitos de todas e cada una das actividades que puidemos realizar ao longo destes últimos anos. Todas elas grazas ao tremendo esforzo, colaboración e axuda de moitas persoas, de moitos organismos. Conseguímolo a forza de insistir, de dialogar, de pelexar unha e outra vez facendo uso dos mellores argumentos que temos. Facendo ver con paixón, pero tamén con datos a importancia do noso sector. Non estamos cansos pero cada ano, faise máis e máis dificil sacar adiante os nosos premios Mestre Mateo, ou poder organizar a nosa Academia Aberta, incluso encher de bos contidos o noso Anuario tamén leva o seu traballo. Afortunadamente, cada ano, tamén contamos con maior participación e colaboración para que as galas sigan sendo o espectáculo que, con crise ou sen crise, sempre foi. A asistencia e

Anuario 2011-2012
Rematabamos a introducción ao anuario do pasado ano desexando que entre todos foramos capaces de aglutinar o sector e desexando tamén que se incrementase de maneira significativa o número de académicos. Precisamente así queremos introducir este sexto número de Papeis da Academia. Máis ca un desexo, desde a xunta directiva queremos transmitirvos a necesidade de incorporar a compañeiros e compañeiras que nos axuden a manter viva esta Academia. Aproveitamos, pois, estas lineas para solicitar de vos, do mesmo xeito que o solicitamos na última asemblea de socios celebrada o pasado mes de xuño, a colaboración para aportar cantas máis ideas mellor, de cara a conseguir o obxectivo de alcanzar para o próximo ano a cifra dos cincocentos académicos. Este non foi un ano fácil. Para ninguén. E todo indica que o que ven non vai ser moito mellor. Desde a xunta directiva intentaremos suplir a falta de recursos con entusiasmo e esforzo para que o noso audiovisual siga tendo a

Anuario 2010-2011
Aquí vos facemos chegar o quinto número de Papeis da Academia, con alguns cambios con respecto a números anteriores pero en definitiva coa mesma esencia, a de intentar achegarvos un pouco a todos parte do que sucedeu e nos sucedeu ao longo deste curso 2010-2011. Non sería xusto deixar para o final o agradecemento que toda a xunta directiva actual quere amosar coa directiva saínte. O seu foi un traballo duro, difícil, non sempre valorado na súa xusta medida e, como dicía un compañeiro na última asemblea da Academia, valente. Na nosa intención está continuar polo mesmo camiño que eles trazaron, o camiño da unidade con asociacions e colectivos que conforman o sector, e de diálogo coa administración. Seguramente agora máis ca nunca é necesario que todos comprendamos que o noso é un sector polo que hai que apostar de maneira firme e sen excusas. Chegamos a onde chegamos co esforzo, o traballo e a implicación de profesionais e das distintas administracions. Un paso

Anuario 2009-2010
Achegamos un novo número de Papeis da Academia, o cuarto, no que tentamos amosar o que fomos, fixemos e pensamos ao longo do pasado curso 2009-2010. Un número que pretende ser un instrumento máis que contribúa á primordial función da nosa Academia: o coñecemento. Nel pretendemos amosar como somos, como nos ven e como nos vemos. Como todos sabedes e por razóns coñecidas de todos, este curso resultou ser duro e difícil. Como Academia mantivemos encontros e debates coa administración, fluidos pero tamén coa seriedade e firmeza que consideramos que requiren situacións como a que estamos a pasar. Encontros e debates nos que sempre defendemos a idea de que o audiovisual é un sector estratéxico para o noso país, con creadores e profesionais cada vez máis prestixiados e valorados tanto dentro como fóra das nosas fronteiras. Tentamos tamén, e seguimos con esa teima, a unidade e o diálogo con todas as asociacións e colectivos que conformamos o sector, na defensa dos

Anuario 2008-2009
Velaquí un novo número dos Papeis da Academia, o terceiro, o que grava unha imaxe do que fomos, fixemos e pensamos ao longo do curso 2008-09. Mestura de información e opinión, os Papeis procuran unha vía de expresión á que posiblemente sexa a principal razón de ser desta Academia: axudar a coñecérmonos e a que nos coñezan, ser espazo de diálogo para a causa común de cantos traballamos en e a prol do audiovisual galego. Son os Papeis que corresponden a un curso que, como todos sabemos, resultou ser máis complicado do habitual. Os problemas de coordinación institucional, a prolongada parálise administrativa con motivo do cambio de goberno son fenómenos que non casan ben coa idea de que o audiovisual é un sector estratéxico, que non cadran cun balance cada vez máis variado, complexo e satisfactorio do traballo dos creadores e profesionais. Foi tamén o curso en que unha nova directiva asumimos as rendas da Academia. Facémolo coa ilusión de manter e mellorar

Anuario 2007-2008
Con este segundo número, Papeis da Academia da un novo paso na súa vocación de ser plataforma e testemuño dos traballos, circunstancias e opinións do colectivo que formamos a Academia Galega do Audiovisual. Como sabes, a publicación que tes nas mans está á enteira disposición dos académicos para que nela poidamos contar e pensar en voz alta. Cremos que é sempre positivo airear os distintos xeitos de pensar, favorecer os debates, coñecer os puntos de vista dos que , cun criterio ou outros, estamos a construír cada día o audiovisual galego. Poucos cometidos igual de relevantes pode ter unha academia. Neste número vas a atopar rexistro das conversas promovidas dende a Academia no formato clásico, ao redor da TDT, e na contorna virtual da nosa páxina web, onde o Estado das Cousas serviu para reflexionar acerca da crise de modelo audiovisual clásico, das relacións co literatura, da lingua e máis do xeito en que presentar os nosos Premios. Aos que participaron nos

Anuario 2006-2007
Papeis da Academia nace para ser un instrumento máis que contribúa á mellor función que a Academia Galega do Audiovisual pode ter: a do coñecemento. Xunto con documentos que gardan memoria dun ano de audiovisual galego, o que vai dende maio de 2006 a xuño 2007, Papeis ofrécenos unha oportunidade que habemos coidar, a de dar testemuño desde o ámbito académico de qué e cómo somos, cómo nos ven e cómo vemos. A transición dos debates que a Academia acolleu para reflexionar sobre o estado das cousas do noso audiovisual forma parte dese testemuño. E tamén o fan as colaboracións que varios membros da Academia enviaron. Papeis da Academia debe ser, sobre todo, unha publicación construída coas achegas do seu principal – único- patrimonio: os académicos. Todos fomos convidados a participar en liberdade, cadaquén coa súa opinión , co seu tema, co seu ton. Este é o primeiro número. E han de vir máis. Estamos certos de que, coa experiencia deste primeiro