
Masterclass con Paula Ortiz
A Academia Galega do Audiovisual, coa colaboración do Concello de Santiago e dentro do festival Cineuropa, organiza unha clase maxistral teórico-práctica de 5 horas sobre a presentación de proxectos e unha charla con Paula Ortiz o vindeiro 18 de novembro de 16 a 21h na sala Numax. Durante as catro primeiras horas terá lugar a masterclass sobre o pitch de proxectos nas que directora explicará os contidos e formas de plantexar a presentación de proxectos. Na segunda parte da clase realizarase un pitch en grupos de 2-3 persoas. Unha vez rematadas, de 20 a 21h concretamente, terá lugar unha charla con Ortiz que falará da súa experiencia e dos seus proxectos, entre os que se atopa o finalista nos Goya 2016 "La Novia". A actividade está dirixida tanto a estudantes como a profesionais do audiovisual. As prazas son limitadas e cubriranse por estrita orde de chegada, formulario de inscrición máis abaixo. O prezo xeral é de 20 euros; 10 € no caso dos estudantes e gratuíto

Foro Academia Aberta 2015
No 2015 a Academia Galega do Audiovisual adica o seu Foro Academia Aberta aos efectos dixitais. Así, os días 1 e 2 de outubro de 16.30 a 20.30h a Fundación Luís Seoane de A Coruña acollerá as masterclasses de Juan Pedro de Gaspar e Isidro Jiménez. Juan Pedro de Gaspar Deseñador de produción que conta entre a súa filmografía películas como "Green zone" de Paul Greengrass, "Sipi y Zape" de Óscar Santos, "También la lluvia" de Icíar Bollaín", "Extinction" de Miguel Ángel Vivas, ou "Black Thorn" de Mateo Gil, pola que conseguíu un Goya. Isidro Jiménez Supervisor e coordinador de VFX do grupo Telson, encargados de efectos dixitais de películas como "Ma ma" de J. Medem, "Cien años de perdón" de Daniel Calparsoro, "Los últimos días" de Áles Pastor ou "El desconocido" de Dani de la Torre. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro martes, día 29 de setembro. Para calquera dúbida o pregunta, podedes poñervos en contacto coa oficina da

Foro Academia Aberta 2014
A Academia Galega do Audiovisual programou para este 2014 unha nova edición, a decimo segunda xa, do seu Foro Academia Aberta. Por cuarto ano consecutivo esta actividade estivo dedicada á formación dos profesionais e estudantes do audiovisual galego, nesta ocasión centrada no Deseño de Vestiario en cine e televisión. Aínda que nun primeiro momento só se contaba coa participación de Yvonne Blake, decidimos convidar a Helena Sanchís para ter así as experiencias no departamento de vestiario de ambos medios audiovisuais –cine e televisión-, a través destas dúas figurinistas de primeiro nivel, así como para completar a habitual oferta de oito horas. Durante dúas xornadas gozamos escoitando e aprendendo a través dos seus traballos e da súa experiencia da man de Sanchís e Blake. Os días 13 e 14 de outubro, a Sala Picasso do Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa acolleu as masterclasses programadas e aos 103 asistentes. A presenza de ambas e os seus

Foro Academia Aberta 2013
Como resposta á demanda didáctica de alto nivel por parte dos profesionais do sector audiovisual galego que actualmente non se está a cubrir, a Academia propuxo un ano máis, o terceiro dende a primeira experiencia, un Foro Academia Aberta centrado na formación. Os primeiros en visitar Galicia con ista formulación foron dous cineastas de primeiro nivel como Nacho Vigalondo e Eduardo Chapero – Jackson, que impartiron sendas masterclasses e compartiron os seus coñecementos, experiencias e opinións cos asistentes. Na seguinte quenda foi o director artístico Félix Murcia quen se achegou á nosa comunidade para falarnos do deseño de arte no cine. Neste 2013 a Academia repetiu a experiencia, dirixindo esta masterclass a outra rama dentro do audiovisual: a dirección de fotografía. Para isto convidou novamente a un profesional destacado nesta rama, o director de fotografía Xavi Giménez. Así, os días 12 e 13 de decembro o Plató da Escola de Imaxe e Son de A Coruña

Foro Academia Aberta 2012
A Academia Galega do Audiovisual celebrou unha nova edición do seu Foro Academia Aberta. Nesta ocasión, o tema foi a dirección artística. Félix Murcia, director artístico de filmes como “Carmen” de Carlos Saura, “Mujeres al borde de un ataque de nervios” de Pedro Almodóvar”, “Secretos del corazón” de Montxo Armendáriz, “El perro del hortelano” de Pilar Miró e “El caballero Don Quijote” de Manuel Gutiérrez Aragón, entre outras moitas, visitou a cidade da Coruña os días 25 e 26 de outubro para impartir unha masterclass. Félix Murcia afondou nos elementos e profesionais que forman parte do departamento de dirección artística, falou do procedemento a seguir para elaborar un proxecto de dirección artística, dos criterios plásticos e o aspecto visual das películas, así como da ambientación e construción de decorados. Documentos: Programa FAA 2012 (PDF) Formulario Inscripción (Word) CV Felix Murcia (PDF) CV Félix Murcia español

Foro Academia Aberta 2011
A Academia Galega do Audiovisual presenta unha nova edición do seu Foro Academia Aberta. Nesta ocasión O tema será as novas formas de facer cine en España. Eduardo Chapero-Jackson, director de "Verbo", e Nacho Vigalondo, director de "Los Cronocrímenes" e "Extraterrestre", impartirán sendas masterclass os días 21 de decembro e 22 de decembro respectivamente, no Auditorio da Biblioteca de Galicia, na Cidade de Cultura, en Santiago de Compostela, en horario de 16.00 a 20.00h. Poderase asistir a ambas sesións ou só a unha, e en ambos casos entregarase un diploma de asistencia. Os interesados terán que cubrir o formulario de inscrición adxunto e enviárnolo antes do luns, 19 de decembro. As prazas serán limitadas para garantir a calidade das masterclass. Documentos: Folla inscrición FAA_2011 (Word) Programa FAA 2011 (PDF) Folleto_Foro_FAA_11 (PDF) Cartel FAA_2011 (PDF) Folleto_Foro_FAA_11

Foro Academia Aberta 2010
A Academia Galega do Audiovisual ven de presentar un ano máis o Foro Academia Aberta “Creatividade na crise. Adaptarse ou desaparecer". Nesta oitava edición, o Foro afondará no problema da crise económica estructural e en como potenciar as dificultades para convertelas en oportunidades de éxito apoiándose, sobre todo, na creatividade e na innovación. O evento, que está coordinado polo Académico Manolo González, enmárcase dentro do festival Cineuropa, e terá lugar dende o 16 ao 18 de novembro na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago de Compostela. Dende esta nova edición do Foro Academia Aberta preténdese abrir unha pequena cancela que permita indagar e investigar, de forma profesional, novas vías de financiamento, de innovar na distribución dos produtos audiovisuais e mesmo de amosar outros xeitos de contar historias. En definitiva, para seren conscientes de que precisamos entender e adaptármonos en positivo a estes novos tempos, e ademais porque neles

Foro Academia Aberta 2009
Dende a Academia Galega do Audiovisual, organizouse a VII Edición do Foro Academia Aberta que este ano tivo lugar na cidade de Santiago de Compostela, no Consello da Cultura Galega – Pazo de Raxoi-, os días 29 de outubro, 5 e 11 de novembro. O Foro Academia Aberta é un espazo adicado ao debate e á discusión daqueles aspectos do audiovisual galego que preocupan aos profesionais do sector. Nesta VII Edición o tema do Foro Academia Aberta foi a situación da política audiovisual e o debate sobre a súa ubicación no panorama institucional actual. O Foro Academia Aberta 2009 foi inaugurado o día 28 de outubro ás 17.30 horas por Pepe Coira, Vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual; Alfonso Cabaleiro, Secretario Xeral de Medios e D. Xosé López García, Vicepresidente do Consello da Cultura Galega. Previamente ao acto de inauguración, celebrouse unha rolda de prensa dedicada á presentación do foro. Tivo lugar o 21 de outubro no Clube Internacional de Prensa de

Foro Academia Aberta 2008
O Foro Academia Aberta 08 abordou a relación entre o galego e a industria audiovisual baixo o título “A lingua fendida. O audiovisual e o galego”. O encontro tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense os días 14 e 15 de outubro, no marco da décimo terceira edición do Festival de Cine Internacional da mesma cidade. O FAA 08 estivo coordinado por Carlos Ares, guionista e membro da directiva da Academia, Antonio Mourelos, actor e actor de dobraxe e membro da Academia e Raúl Veiga, director de cine e tamén membro da Academia. A primeira xornada dedicouse a coñecer os casos de realidades semellantes ao que acontece en Galicia, tanto a nivel estatal (Euskadi e Catalunya) como internacional (Québec e Gales), da man de expertos nos respectivos territorios. O segundo día estivo máis centrado no caso galego: recoñecidos profesionais debateron sobre a relación do noso idioma co audiovisual desde as perspectivas sociocultural, artística e económica, así como as

Foro Academia Aberta 2007
O Foro Academia Aberta 07, celebrado en Santiago de Compostela, estivo dedicado a “A televisión dixital en Galicia, novas tecnoloxías, novos servizos”. O vicepresidente da Academia, Pepe Coira, subliñou, na presentación do Foro, o esforzo feito pola Academia para reunir, por primeira vez, a todos os concesionarios das licenzas de TDT en Galicia coa intención de que debateran abertamente as súas visións do negocio da televisión dixital, á vez que intercambiaran as súas experiencias cos expertos e profesionais do resto do estado. O Foro intentou botar luz sobre os principais interrogantes que xorden en relación a estes novos medios de comunicación. Para tal fin, a Academia deseñou un programa amplo e plural, no que tamén amosáronse exemplos de novas empresas en marcha no eido da televisión dixital e internet dentro e fóra da nosa comunidade. Documentos: Presentación Popular TV (PDF) Presentación Barcelona TV (PDF) Presentación Local Media