Masterclass con Paula Ortiz

Colaboradores

A Academia Galega do Audiovisual, coa colaboración do Concello de Santiago e dentro do festival Cineuropa, organiza unha clase maxistral teórico-práctica de 5 horas sobre a presentación de proxectos e unha charla con Paula Ortiz o vindeiro 18 de novembro de 16 a 21h na sala Numax.

Durante as catro primeiras horas terá lugar a masterclass sobre o pitch de proxectos nas que directora explicará os contidos e formas de plantexar a presentación de proxectos. Na segunda parte da clase realizarase un pitch en grupos de 2-3 persoas. Unha vez rematadas, de 20 a 21h concretamente, terá lugar unha charla con Ortiz que falará da súa experiencia e dos seus proxectos, entre os que se atopa o finalista nos Goya 2016 “La Novia”.

A actividade está dirixida tanto a estudantes como a profesionais do audiovisual. As prazas son limitadas e cubriranse por estrita orde de chegada, formulario de inscrición máis abaixo. O prezo xeral é de 20 euros; 10 € no caso dos estudantes e gratuíto para os membros da Academia. A data máxima de inscrición é o mércores, 16 de novembro.

Nome *

Apelidos *

DNI *

Enderezo postal (incluir CP e cidade) *

Actividade profesional *

Teléfono móbil *

Correo electrónico *

Matrícula *
Estudiantes matriculados no curso 2016/2017: 10€Profesionais: 20€Académicos/as: gratuíto

Resgardo matrícula curso 2016/2017 (no caso de ser estudantes):

¿Cómo coñeciches a existencia deste curso? *
Web da AcademiaFacebook/Twitter da AcademiaFacebook/Twitter doutras asociacións ou profesionaisPrensaMailing da AcademiaOutro medio

*Campos obrigatorios

No caso dos estudantes é indispensable adxuntar o resgardo de matrícula do curso 2016/2017 para confirmar esta condición. Unha vez recibamos o formulario de inscrición correctamente cumprimentado, a oficina da Academia confirmará se hai prazas dispoñibles ou non nun tempo máximo de 24 horas (días laborais). Unha vez confirmado que hai prazas, é necesario enviar o XUSTIFICANTE DO INGRESO no mail info@academiagalegadoaudiovisual.gal con anterioridade ao 16 de novembro para que a matrícula teña validez. ABONO MATRÍCULA CCC ES24 1491 0001 2220 9713 0021 (Triodos Bank), imprescindible indicar o nome da persoa inscrita. Tamén se pode efectuar o pagamento en efectivo na oficina da Academia no seu horario habitual. Unha vez se comproben os datos, confirmarase a praza na masterclass con Paula Ortiz.

De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, informamos que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é a ASOCIACIÓN ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL con domicilio social na Praza Pintor Sotomayor nº1, 2º - 15001 A Coruña. A finalidade deste ficheiro é levar a cabo a xestión das persoas inscritas a estas xornadas. Se o desexa pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito á dirección sinalada, adxuntando unha fotocopia do seu DNI.