
Diario de Rodaxe
Coloquios moderados por María Mera cos equipos das finalistas na categoría de Mellor Longametraxe no XIX Premios Mestre Mateo, que serán emitidos en streaming do 25 e o 28 de marzo ás 19:00 horas na nosa canle de YouTube. Logo da emisión seguirán dispoñibles para a súa visualización. O público asistente ás proxeccións da II Semana do Cinema Galego, no Teatro Colón da Coruña, poderá asistir a estes coloquios en directo, xa que terán lugar antes da proxección das películas. Esta actividade está organizada en colaboración co Concello da Coruña, Deputación da Coruña e Teatro Colón.Xoves 25 de marzo 19:00 horas. A illa das mentiras (Paula Cons, 2020) 12 candidaturas finalistas nos XIX Mestre Mateo Interveñen: Nerea Barros e Victoria Teijeiro, actrices.Venres 26 de marzo 19:00 horas. Ons (Alfonso Zarauza, 2020) 13 candidaturas finalistas nos XIX Mestre Mateo Interveñen: Alfonso Zarauza, director; Melania Cruz, actriz; Xavi Font, produtor.Sábado 27 de

Conversas Candelas Mestre Mateo
Un programa de conversas en streaming con todas as finalistas dos XIX Premios Mestre Mateo, que serán emitidas entre o 17 de marzo e o 9 de abril ás 20:00 h. a través da na nosa canle de YouTube. Logo da emisión seguirán dispoñibles para a súa visualización. Unha actividade organizada grazas ao apoio de Cafés Candelas e a colaboración de Asociación de Actores e Actrices de Galicia-AAAG, Asociación Sindical Galega de Guionistas-AGAG, Asociación Galega de Produtoras Independentes-AGAPI e Asociación Galega de Profesionais da Dirección e a Realización-CREA.17 de marzo 20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Dirección Modera: Óscar Cruz, vogal da directiva da Academia Galega do Audiovisual Interveñen: Fon Cortizo por 9 Fugas, Paula Cons por A illa das mentiras, Lois Patiño por Lúa Vermella e Alfonso Zarauza por Ons.18 de marzo 20:00 h. Finalistas na categoría de Comunicador/a de TV Modera: Xosé Barato, vogal da directiva da Asociación de Actores e

V Premios María Luz Morales
Nos estatutos da Academia Galega do Audiovisual recóllese a necesidade de promover e difundir a investigación científica en materia audiovisual. Por iso puxemos en marcha os Premios María Luz Morales de ensaios e videoensaio sobre o audiovisual, co patrocinio da Deputación da Coruña, a Deputación de Lugo, a Deputación de Ourense e a Deputación de Pontevedra, con arreglo ás seguintes bases. O obxectivo dos Premios Maria Luz Morales é o fomento da investigación no eido audiovisual desde unha perspectiva tanto galega como universal. Co nome de Maria Luz Morales, quérese recoñecer o labor desta galega pioneira na crítica cinematográfica española e figura destacada na defensa do galeguismo e dos dereitos da muller. Premiaranse obras de investigación en formato de texto (ensaios escritos) e en formato audiovisual (videoensaios). Con estes premios quere fomentarse a creatividade e a independencia investigadora. A realización dos traballos non está suxeita a ningún

O futuro do audiovisual a debate
No marco das das Eleccións ao Parlamento de Galicia do vindeiro 12 de xullo, desde a Academia Galega do Audiovisual organizamos un debate entre as diferentes formacións que concorren, que leva por título O futuro do audiovisual a debate. Será moderado pola actriz e membro da Xunta Directiva Saamira Ganay e terá lugar o día 6 de xullo ás 20:00h por videoconferencia. Poderá seguirse en directo a través das nosas redes sociais. Nel, representantes de PPdeG, Marea Galeguista, PSdeG, BNG e Galicia en Común-Anova Mareas presentarán as súas propostas en materia de política audiovisual. Coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello da

XVIII Premios Mestre Mateo
A XVIII edición dos Premios Mestre Mateo celebrouse en 2020, recoñecendo o mellor da colleita do audiovisual galego. Ademais de premiar a excelencia nas producións do ano, a Academia aproveitaba, un ano máis, os Mestre Mateo para recoñecer a traxectoria de entidades e profesionais relevantes do audiovisual en Galicia co Premio de Honra Fernando Rey e o Premio Especial José Sellier. Este ano as homenaxes foron para José María Rodríguez Armada, Chema, proxeccionista do CGAI e o Festival Infantil Olloboi. 1. Presentación de candidaturas A apertura do prazo de presentación de candidaturas de profesionais e producións marcaba o inicio dun proceso de selección que contou con dúas roldas de votación: a primeira para escoller as obras finalistas e a segunda para decidir as gañadoras en cada una das vintecinco categorías. O prazo estivo aberto do 3 ata o 25 de outubro para obras galegas estreadas no ano 2019 e os profesionais que traballaron nos seus distintos

I Semana do Cinema Galego
Entreo 6 e o 9 de febreiro, o Teatro Colón da Coruña acollerá cinco sesións de proxección das películas candidatas na categoría de Mellor Longametraxe dos XVIII Premios Mestre Mateo, seguidas dun coloquio posterior con membros do do equipo técnico e artístico. O acceso será libre ata completar capacidade.XOVES 6 20:00 horas Proxección da curtametraxe París #1 e da longametraxe O que arde de Oliver Laxe. Presentación e coloquio moderados por Javier Trigales cos seguintes convidados: Amador Arias, actor protagonista. Andrea Vázquez, produtora. Xavi Font, produtor. Martin Pawley, crítico e ensaísta. VENRES 7 20:00 horas Proxección da curtametraxe Out of memory e da longametraxe Longa Noite de Eloy Enciso. Presentación e coloquio moderados por Javier Trigales cos seguintes convidados: Beli Martínez, produtora. José Manuel Sande, programador cinematográfico. Melania Freire, directora de arte. SÁBADO