O futuro do audiovisual a debate

No marco das das Eleccións ao Parlamento de Galicia do vindeiro 12 de xullo, desde a Academia Galega do Audiovisual organizamos un debate entre as diferentes formacións que concorren, que leva por título O futuro do audiovisual a debate.

Será moderado pola actriz e membro da Xunta Directiva Saamira Ganay e terá lugar o día 6 de xullo ás 20:00h por videoconferencia. Poderá seguirse en directo a través das nosas redes sociais.

Nel, representantes de PPdeG, Marea Galeguista, PSdeG, BNG e Galicia en Común-Anova Mareas presentarán as súas propostas en materia de política audiovisual.

Categoría: 2020 / Outras actividades