Conversas Candelas Mestre Mateo

Un programa de conversas en streaming con todas as finalistas dos XIX Premios Mestre Mateo, que serán emitidas entre o 17 de marzo e o 9 de abril ás 20:00 h. a través da na nosa canle de YouTube. Logo da emisión seguirán dispoñibles para a súa visualización.

Unha actividade organizada grazas ao apoio de Cafés Candelas e a colaboración de Asociación de Actores e Actrices de Galicia-AAAG, Asociación Sindical Galega de Guionistas-AGAG, Asociación Galega de Produtoras Independentes-AGAPI e Asociación Galega de Profesionais da Dirección e a Realización-CREA.

17 de marzo
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Dirección
Modera: Óscar Cruz, vogal da directiva da Academia Galega do Audiovisual

Interveñen: Fon Cortizo por 9 Fugas, Paula Cons por A illa das mentiras, Lois Patiño por Lúa Vermella e Alfonso Zarauza por Ons.

18 de marzo
20:00 h. Finalistas na categoría de Comunicador/a de TV
Modera: Xosé Barato, vogal da directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia-AAAG

Interveñen: Simone Saibene por Cinephilia, Alba Mancebo por Os Castros e Rodrigo Vázquez por Quen anda aí?.

22 de marzo
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Interpretación Feminina e Masculina de Reparto
Modera: Sonia Méndez, vogal da directiva da Academia Galega do Audiovisual

Interveñen: Victoria Teijeiro e Milo Taboada por A illa das mentiras, Lidia Veiga por A lei de Santos, Josito Porto por Arima, Isabel Garrido por El desorden que dejas e Marta Lado e Xulio Abonjo por Ons.

23 de marzo
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Maquillaxe e Perruquería e Mellor Vestiario
Modera: Susana Veira, vogal da directiva da Academia Galega do Audiovisual

Interveñen: Beatriz Antelo (maquillaxe e perruquería) por El desorden que dejas e Lola Dapena (vestiario) por Ons.

24 de marzo
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Interpretación Feminina e Masculina Protagonista
Modera: Saamira Ganay, secretaria da Academia Galega do Audiovisual

Interveñen: Nerea Barros por A illa das mentiras, Tito Asorey por Arima, Monti Castiñeiras por A lei de Santos, Isabel Naveira por Néboa e Melania Cruz por Ons.

25 de marzo
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Dirección de Arte
Modera: Enrique Lojo, presidente da Asocición Sindical Galega de Guionistas-AGAG

Interveñen: Antonio Pereira por A illa das mentiras, María Lolo por Arima e Elia Robles por Ons.

26 de marzo
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Música Orixinal e Mellor Son
Modera: Pepe Coira, vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual

Interveñen: David Santos por 9 Fugas, Sergio Moure de Oteyza por A galiña Turuleca e Elba Fernández por Auga seca (música). Marco Maril por 9 Fugas, Javier Pato por Arima, Alejandro López por El desorden que dejas e David Machado por Ons (son).

29 de marzo
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Dirección de Fotografía
Modera: Miguel Mariño, director da Academia Galega do Audiovisual

Interveñen: Javier Álvarez por 9 Fugas, Lois Patiño por Lúa Vermella, José David Montero por Néboa e Alberte Branco por Ons.

30 de marzo
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Guión e Mellor Montaxe
Modera: Álvaro Pérez Becerra, vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual

Interveñen: Julia Juániz por A illa das  mentiras, Lu Rodríguez por El desorden que dejas, Lucía Estévez por Dorothé na vila e Fernando Alfonsín por Ons (montaxe). Jaione Camborda por Arima e Alfonso Zarauza por Ons (guión).

31 de marzo
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Dirección de Produción
Modera: Xosé Lois Ledo, vicepresidente da Asociación Galega de Produtoras Independentes-AGAPI

Interveñen: Lucía Baleato por A illa das mentiras, Nati Juncal Portas por Lúa Vermella, Tamara Soto por Ons e Concha Fontenla por O sabor das margaridas.

5 de abril
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Anuncio Publicitario e Mellor Videoclip
Modera: Pablo Fontenla, vicepresidente da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e a Realización-CREA

Interveñen: Juan Galiñanes por Desde o mar e Marga Pazos por O rural vive (anuncio publicitario). Juan Lesta por Dark Sienna, Xabier Díaz por Illas de sal, Xaime Miranda por Muinheira de interior e Camila Bossa por Who will save me? (videoclip).

6 de abril
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Curtametraxe de Animación e Mellor Curtametraxe de Imaxe Real
Modera: Isabel Naveira, vogal da directiva da Academia Galega do Audiovisual

Interveñen: Chelo Loureiro por Carne, David Saborido por Kleiner Lügner, Alexandre Santorio por Night Keeper e David Fidalgo por Reality (animación). Suso López por La penumbra, Nacho Ozores por Mentres iso pasa e Noemí Chantada por Xoves de comadres (imaxe real).

7 de abril
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Programa de TV e Mellor Realización
Modera: Carlos Ares, guionista, director, produtor de tv e expresidente da Academia Galega do Audiovisual

Interveñen: Pablo Fontenla por A miña familia pola túa, Simone Saibene por Cinephilia, Diego Guerrero e Jesús Vecino por Cos pés na terra, José Villaverde por Land Rober Tunai Show, Marcos Barrios por Segredos, desmontando Galicia, Xosé Manuel Vega por Os castros e Marta Arévalo por Quen anda aí?.

8 de abril
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Serie e Mellor Serie Web
Modera: Ana Míguez, presidenta da Academia Galega do Audiovisual

Interveñen: Alfonso Blanco por Auga seca, Emma Lustres por El desorden que dejas, Fernanda Tabarés por Néboa e Ghaleb Jaber por O sabor das margaridas (serie). Irene Pin por Amnesia 3.0, Cristina Maró por Doc Way: camiño portugués, Pedro Brandariz por Mataría e Miguel Canalejo por Xan (serie web).

9 de abril
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Longametraxe e Mellor Documental
Modera: Carmen Méndez, tesoureira da Academia Galega do Audiovisual

Interveñen: Daniel Froiz por A media voz, Alejandro Gándara por Dorothé na vila e Margarita Ledo por Nación (documental). Jaione Camborda por Arima, Paula Cons por A illa das mentiras, Felipe Lage por Lúa Vermella e Xavi Font por Ons.

Categoría: 2020