Diario de Rodaxe

Coloquios moderados por María Mera cos equipos das finalistas na categoría de Mellor Longametraxe no XIX Premios Mestre Mateo, que serán emitidos en streaming do 25 e o 28 de marzo ás 19:00 horas na nosa canle de YouTube. Logo da emisión seguirán dispoñibles para a súa visualización.

O público asistente ás proxeccións da II Semana do Cinema Galego, no Teatro Colón da Coruña, poderá asistir a estes coloquios en directo, xa que terán lugar antes da proxección das películas. Esta actividade está organizada en colaboración co Concello da Coruña, Deputación da Coruña e Teatro Colón.

Xoves 25 de marzo
19:00 horas. A illa das mentiras (Paula Cons, 2020)
12 candidaturas finalistas nos XIX Mestre Mateo
Interveñen: Nerea Barros e Victoria Teijeiro, actrices.

Venres 26 de marzo
19:00 horas. Ons (Alfonso Zarauza, 2020)
13 candidaturas finalistas nos XIX Mestre Mateo
Interveñen: Alfonso Zarauza, director; Melania Cruz, actriz; Xavi Font, produtor.

Sábado 27 de marzo
19:00 horas. Arima (Jaione Camborda, 2019)
7 candidaturas finalistas nos XIX Mestre Mateo
Interveñen: Jaione Camborda, directora; Melania Cruz, actriz; Tito Asorey, actor.

Domingo 28 de marzo
19:00 horas. Lua vermella (Lois Patiño, 2020)

4 candidaturas finalistas nos XIX Mestre Mateo
Interveñen: María de Carmen Martínez Mosquera e María del Pilar Rodríguez Losada, actrices; Felipe Lage, produtor.